Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 24 de abril de 1998 Páx. 4.266

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se acorda a remisión do expediente solicitado pola sala do contencioso-administrativo en relación co recurso 03/10224/1997, interposto por Luis Pampín Touceda.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 03/10224/1997, interposto por Luis Pampín Touceda contra a resolución da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 26-9-1997 pola que se lle sanciona cunha multa como autor dunha infracción administrativa tipificada no artigo 410 do Regulamento de montes, tendo sido reclamado o expediente por esta, nesta data acórdase remiti-lo dito expediente á sección terceira da dita sala do contencioso-administrativo.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e emprázanse para que poidan comparecer en autos na sección terceira da antedita sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1998.

Xosé Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

3461