Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 23 de abril de 1998 Páx. 4.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por concurso aberto da subministración de elementos e xogos diversos para instalar nos parques e xardíns do concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Parques e Xardíns, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 1919/446.

2. Obxecto do contrato. Descrición: subministración por lotes de elementos e xogos diversos para instalar en parques e xardíns do concello de Vigo.

Unidades que hai que entregar: véxase apartado seguinte.

Lotes: Lote I: tobogáns sinxelos (3.000.000 de ptas.).

Lote II: bambáns dobres (3.000.000 de ptas.).

Lote III: xogos de resortes (cabaliños, motos etc.) (2.000.000 de ptas.).

Lote IV: equipos de xogos múltiples (12.000.000 de ptas.).

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: a cantidade sinalada entre parénteses no apartado 2 deste anuncio.

5. Garantías. Provisionais: non se esixen.

Definitiva: 4% do tipo de licitación do lote que resulte adxudicatario.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n 36202 Vigo. Teléfono (986) 81 01 48, fax: (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de

licitación no BOP de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: vexase punto 6 do anuncio.

Plazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 30 de marzo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

3559