Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 23 de abril de 1998 Páx. 4.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/74-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Retorna-Soutomoro.

Situación: Ortigueira.

Características técnicas: liña eléctrica aéra de baixa tensión a 380-220 kV, sobre apoios de formigón e conductor R.Z en seccións de 95 e 50 mm Al, de 1.840 m de lonxitude, con orixe no C.T. Soutomoro e discorrendo polos lugares Retorna, Soutomoro e Larnacido. Ortigueira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

2953