Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 23 de abril de 1998 Páx. 4.238

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (152/1997).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico:

Que neste xulgado do meu cargo y baixo o número 152/1997, se segue xuízo de faltas sobre desobediencia no cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e resolución:

Sentencia, en Santiago de Compostela, catro de marzo de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 152/1997, seguidos por resistencia e desobediencia á autoridade, sendo parte denunciante os axentes da policía municipal con carnés profesionais 39 e 129, coa defensa letrada de Esperanza Cobas Prieto; aparecendo como parte demandada Antonio Villar Fraga, maior de idade; o Ministerio Fiscal amosouse parte.

Decido que debo condenar e condeno a Antonio Villar Fraga, como autor responsable dunha falta de respecto e desobediencia ós axentes da autoridade do artigo 634 do Código Penal, á pena de 20 días de multa a razón de 500 ptas./día con arresto substitutorio dun día de privación de liberdade por cada duas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en réxime de arrestos de fin de semana así mesmo deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta miña sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito o que me remito, e para que conste, os efectos que procedan e para que sirva de notificación en forma o demandado en descoñecido paradoiro Antonio Villar Fraga expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

3059