Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 23 de abril de 1998 Páx. 4.215

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Moyresa, Molturación y Refino, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo de Moyresa, Molturación y Refino, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-3-1998, subscrito en representación da parte económica polo representante legal da empresa e da parte social polo comité de empresa o día 5-3-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta dele

gación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de marzo de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa

Moyresa, Molturación y Refino, S.A.

(Centro de traballo do Burgo-Culleredo

e estación marítima do porto da Coruña)

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Territorial.

As disposicións deste convenio colectivo serán de aplicación nos centros de traballo que Moyresa Molturación

y Refino, S.A. ten no Burgo-Culleredo (A Coruña) e na estación marítima do porto da Coruña.

Persoal.

As normas do presente convenio serán de aplicación a todo o persoal de Moyresa Molturación y Refino, S.A., fixos e eventuais, calquera que sexa a súa modalidade de contratación, que preste os seus servicios nos centros de traballo determinados anteriormente e coas categorías que se relacionan no anexo I.

Ós traballadores que, ben no momento do seu ingreso ou ben posteriormente, teñan establecidas mediante pacto condicións especiais, aínda que lles sexan de aplicación as normas deste convenio non llo serán as condicións retributivas previstas nel.

Temporal.

O presente convenio terá unha duración de 2 anos é dicir, desde o 1 de xaneiro de 1997 ata o 31 de decembro de 1998.

Entenderase prorrogado por anos sucesivos, salvo que algunha das partes o denunciase cun previo aviso de dous meses, como mínimo, anteriores á terminación do prazo de vixencia inicial, é dicir, 31 de decembro de 1998 ou o da prórroga, se a houbese.

Artigo 2º.-Garantías persoais.

Respectaranse as situacións persoais que, en concepto de percepcións de calquera clase, sexan no seu conxunto máis beneficiosas que as fixadas no presente convenio, manténdose estrictamente ad personam.

Artigo 3º.-Compensación e absorción.

As melloras establecidas no presente convenio, sexan económicas ou doutra índole, serán absorbibles ou compensables coas melloras económicas ou doutra índole que se establezan por disposición legal, xurisprudencia, convenio de calquera ámbito, resolución de calquera clase, contrato persoal ou calquera outra causa, ben entendido que se pode realiza-la dita compensación e absorción entre conceptos de distintas naturezas, operando estas cando o convenio colectivo aplicado no seu conxunto e cómputo anual sexa máis favorable para os traballadores que o fixado na orde normativa ou convencional de referencia.

Artigo 4º.-Vinculación e lexislación supletoria.

As normas do presente convenio considéranse no seu conxunto máis beneficiosas que as contidas nas disposicións legais vixentes.

O presente convenio e os anexos que nel se indican forman un todo orgánico e indivisible, que, en canto se achar vixente, será aplicable e aplicado na súa totalidade, con exclusión doutros, calquera que fose o seu ámbito de aplicación.

No non previsto neste convenio aplicarase o disposto polas disposicións legais na materia.

De conformidade coa disposición transitoria segunda da Lei do Estatuto dos traballadores, acórdase deixar sen efecto a ordenanza laboral para as industrias do aceite e os seus derivados.

Artigo 5º.-Comisión paritaria de control e interpretación.

Para a interpretación e aplicación do convenio constituirase unha comisión paritaria.

A dita comisión paritaria estará formada por tres representantes dos traballadores que formasen parte da comisión deliberadora e tres representantes da empresa. Así mesmo, nomearanse por cada parte tres suplentes.

En cumprimento da función de interpretación e aplicación do convenio, a comisión utilizará o teor literal do convenio e, se del non se obtivese unha solución satisfactoria para ámbalas partes, utilizaranse os criterios legais e convencionais que, de carácter xeral, poidan resultar aplicables.

A competencia desta comisión esténdese a tódalas cuestións que, en relación coa aplicación deste convenio e durante a súa vixencia, se poidan suscitar e, singularmente, respecto daquelas nas que o articulado lle fai unha remisión expresa.

En particular, será da súa competencia analizar aqueles casos concretos sobre os que se presente reclamación de traballos de distinta categoría que realice o persoal, accedendo para isto ó coñecemento dos partes de control do persoal nas plantas.

A comisión reunirase con carácter ordinario como máximo unha vez ó mes, por convocatoria de calquera das partes, cunha anticipación mínima de 72 horas.

Con carácter extraordinario reuniranse as veces que sexan necesarias para os temas que, pola súa urxencia, non poidan esperar á reunión ordinaria, mediante convocatoria de calquera das dúas partes, cunha anticipación mínima de 48 horas, na que se fará consta-la proposta de orde do día.

Se nas reunións da comisión paritaria non se obtivese un acordo sobre a cuestión suscitada, cada unha das partes poderá exerce-las accións que considere máis convenientes ó seu dereito.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 6º.-Organización do traballo.

De acordo coas disposicións en vigor, a organización técnica e práctica do traballo é facultade exclusiva da dirección da empresa, a cal pode adopta-los sistemas de racionalización, mecanización, organización e división daquel que mellor se acomoden ó seu desenvolvemento industrial e comercial.

A mobilidade do persoal nos distintos postos de traballo na empresa terá como límite o disposto na lexislación vixente.

En todo caso, sen prexuízo do cumprimento da decisión empresarial de mobilidade, informarase a comisión prevista no artigo 5º para o seu coñecemento e solución das posibles diverxencias que, en tal caso, se poidan presentar.

Os cambios de sistemas en ningún caso terán carácter vexatorio para os seus productores.

Artigo 7º.-Asignación de tarefas.

É facultade da dirección da empresa, de acordo coa lexislación vixente e as condicións acordadas no presente convenio, a distribución do persoal nos distintos postos de traballo e a asignación das tarefas correspondentes a eles, sen discriminación nin menoscabo da dignidade humana e profesional, debendo os traballadores cumpri-las obrigas concretas do seu posto, así como as ordes e instruccións dos seus superiores no exercicio regular das súas facultades directivas.

Artigo 8º.-Limpeza.

Con independencia da categoría profesional, o persoal responsabilizarase da limpeza e a boa orde do posto de traballo e das máquinas, ferramentas, vehículos, mobiliario e toda clase de elementos de traballo de que a empresa o provexa para a súa execución.

Artigo 9º.-Traballos de categoría superior.

Cando un traballador realice traballos de categoría superior á que teña asignada, terá dereito ó salario real da dita categoría superior mentres ocupe o dito posto.

Se ocupase un posto de categoría superior durante 6 meses nun ano ou 8 meses en dous anos, consolidarase esta categoría superior.

Para os efectos deste artigo, a fracción de día considerarase como día completo de traballo en superior categoría, cando a dita fracción sexa igual ou superior á metade da xornada laboral.

Artigo 10º.-Traballos de categoría inferior.

A dirección da empresa, por perentoria necesidade e facendo uso das facultades de organización práctica do traballo, poderá destina-lo persoal, comunicándollo ó comité de empresa, a realizar traballos de categoría inferior, sen mingua da súa retribución.

O dito destino será, en todo caso, de carácter temporal, mentres dure a situación de perentoria necesidade.

Capítulo III

Réxime do persoal

Artigo 11º.-Contratación de traballadores.

1. Ingresos.

En materia de contratación rexerá o disposto na lexislación vixente en cada momento.

2. Recoñecemento médico.

Previamente ó ingreso definitivo na empresa todo traballador deberase someter a un recoñecemento médico coas probas pertinentes; a súa superación será condición indispensable para o ingreso.

3. Período de proba.

En todo caso, os ingresos considéranse feitos a título de proba e a súa duración será a seguinte:

-Persoal titulado: 6 meses.

-Persoal técnico non titulado: 3 meses.

-Administrativos: 1 mes.

-Operarios cualificados e persoal subalterno: 1 mes.

-Operarios non cualificados: 14 días.

O período de proba concertarase por escrito. Superado o período de proba computarase este para efectos de antigüidade.

Artigo 12º.-Clasificación do persoal.

a) Pola súa permanencia.

1. Fixos: son aqueles traballadores que realizan actividades que, pola súa natureza, teñen carácter normal e permanente na empresa.

2. De campaña: son os traballadores contratados para actividades de carácter esporádico e non regularmente fixo.

3. Interinos: son os que ingresan na empresa expresamente para cubri-la ausencia dun traballador fixo en situación de excedencia, servicio militar, enfermidade ou situación análoga, que cesarán ó se reincorpora-lo titular, sen dereito a indemnización.

4. De duración determinada: son aqueles traballadores contratados en atención ás circunstancias previstas polo Goberno para fomenta-lo emprego de certos grupos de traballadores.

Os contratos de campaña, interinos e de duración determinada serán sempre por escrito.

b) Funcional.

O persoal de Moyresa Molturación y Refino, S.A. clasificarase por razón das súas funcións nos seguintes grupos:

1. Técnicos.

2. Persoal administrativo: oficial 1ª, oficial 2ª e auxiliar.

3. Persoal de laboratorio: axudante e auxiliar.

4. Persoal operario: oficial 1ª, oficial 2ª, oficial 3ª e axudante de fabricación.

5. Persoal subalterno: basculeiro, garda e limpadora.

Artigo 13º.-Funcións do persoal operario.

As funcións do persoal operario clasifícanse en:

a) Traballos de oficial: son aqueles, tanto de mantemento como de producción, que requiren para a súa execución coñecementos básicos e profesionais que garantan a súa correcta realización.

Substancialmente, enuméranse os seguintes: operacións de extracción, preparación, caldeiras, refinería, secadoiros, conductor de pa, carga de aceites, estación marítima, capataz de almacén de fariñas, conductores e traballos de mantemento que requiran coñecemento dun oficio, sen prexuízo daqueloutros que, pola súa analoxía, se poidan considerar de igual clasificación.

Estas funcións serán realizadas por traballadores coa categoría de oficial 1ª, oficial 2ª e oficial 3ª.

b) Traballos de axudante: son os traballos de axudante aqueles que non precisan que o persoal que os realice teña coñecementos específicos ou que se realizan baixo a supervisión directa de persoal cualificado de superior categoría.

Os traballos de axudante serán realizados por operarios coa categoría de axudante de fabricación.

Todo isto sen prexuízo do establecido nos artigos que regulan traballos de superior e inferior categoría.

Artigo 14º.-Ascensos.

Sen menoscabo do establecido no artigo anterior, os ascensos do persoal axustaranse ás normas seguintes:

Grupo de técnicos: os ascensos faranse por libre designación da empresa.

Grupo de administrativos, operarios e subalternos: os ascensos serán por valoración de méritos e probas de aptitude, que estudiará unha comisión integrada por técnicos da empresa, do cal se informará o comité.

O comité de empresa poderá designar tres dos seus membros para comprobaren a correcta cualificación das ditas probas de aptitude e respecto ás normas xerais recollidas neste convenio.

En igualdade de condicións terase en conta a antigüidade.

En todo caso, os ascensos considéranse feitos a título de proba. A duración do período de proba será:

-Persoal titulado: 3 meses.

-Persoal técnico non titulado: 45 días.

-Administrativos: 1 mes.

-Operarios cualificados e persoal subalterno: 1 mes.

-Operarios non cualificados: 15 días.

Non superado o período de proba, o traballador pasará a ocupa-lo seu anterior posto de traballo.

Artigo 15º.-Cesamento voluntario.

O traballador poderá cesar voluntariamente na empresa, comunicando a súa baixa por escrito á súa oficina de persoal. A baixa deberá ser comunicada cun mes de anticipación polo persoal titulado e técnico e con quince días o resto do persoal.

A falta de preaviso daralle dereito á empresa a descontar da liquidación o importe do salario de medio día por cada un de atraso.

O cesamento voluntario non dará dereito a ningunha indemnización.

Artigo 16º.-Excedencia.

Sen prexuízo do establecido no artigo 46 do Estatuto dos traballadores, estipúlase o seguinte:

A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa.

A forzosa dará dereito á conservación do posto e antigüidade e concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo.

O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

A excedencia voluntaria: o traballador con, polo menos, unha antigüidade na empresa dun ano ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco.

Este dereito só poderá ser exercido polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar

categoría á súa que houbese ou se producisen na empresa.

Son causas para solicita-la excedencia voluntaria as seguintes:

-Asuntos familiares no estranxeiro.

-Ampliación de estudios.

-Matrimonio.

-Nacementos de fillos.

-Traslado do cónxuxe por razóns de traballo a máis de 100 km de distancia.

-Enfermidade grave do cónxuxe, fillos ou pais ó seu cargo.

Excepcionalmente, só neste último caso o reingreso será automático.

As excedencias, calquera que sexa a súa modalidade, enténdense concedidas sempre sen dereito a retribución e non se poderán utilizar para prestar servicios noutra empresa.

A solicitude deberase efectuar cun mes de anticipación á data en que se vaia inicia-lo seu desfrute, ante a dirección da empresa.

Así mesmo, o tempo de duración da excedencia non será computable para ningún efecto, salvo a forzosa.

Non se poderá exerce-lo dereito a que se recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria cando o número de persoas en situación de excedencia voluntaria alcanzase o cinco por cento do cadro de persoal.

Servicio militar: nos supostos de suspensión do contrato por prestación do servicio militar ou substitutivo, o traballador deberase reincorporar no prazo máximo de 30 días naturais a partir da cesación no servicio.

Durante o tempo de permanencia no servicio militar o traballador terá dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias de Nadal, xullo e beneficios, na proporción que corresponda.

Capítulo IV

Xornada, vacacións, permisos e licencias

non retribuídas

Artigo 17º.-Xornada laboral.

A xornada de traballo para o ano 1997 e 1998 establécese do xeito seguinte:

Unicamente para o persoal de correquendas queda establecida a xornada laboral en 1.776 horas de traballo efectivo en cómputo anual.

Para o resto do persoal queda establecida a xornada laboral en 1.786 horas de traballo efectivo e en cómputo anual.

Para os que traballan en réxime de quendas ininterrompidas os descansos computaranse basicamente en períodos de catro semanas.

Artigo 18º.-Horario.

Anualmente o horario será establecido pola dirección, logo de coñecemento do comité de empresa, seguindo as canles legais previstas na lexislación vixente para cada réxime de traballo existente na empresa.

Por razóns de perentoria necesidade ou de organización do traballo, a dirección da empresa poderá modificar temporalmente o sistema de horario para calquera posto de traballo mentres existan tales razóns.

Se por requirimento da empresa se producise un traslado de quenda por tempo superior a 30 días naturais, compensarase esta circunstancia coa cantidade de 18.500 ptas. nun único pagamento, o regreso á súa quenda orixinal non será considarado como traslado de quenda.

Para o persoal administrativo establécese, durante o período estival e durante 13 semanas, a xornada intensiva, sempre e cando se respecte o cómputo anual de 1.786 horas de traballo efectivo. En todo caso será imprescindible a existencia dunha quenda rotativa de gardas dunha persoa co fin de garanti-los servicios mínimos.

O persoal deberá encontrarse no seu posto de traballo á hora sinalada. En caso de traballo por quendas, o traballador da quenda saínte non poderá abandona-lo seu posto de traballo ata que sexa substituído pola quenda seguinte, absténdose de cambiar de roupa ou efectuar outros preparativos para a saída antes da dita substitución.

O atraso, con independencia das sancións a que poida dar lugar se non é xustificado, implicará a perda da remuneración correspondente ó tempo non traballado, completando fraccións de quince minutos.

Así mesmo, ó traballador que cubra o tempo de atraso da substitución aboaráselle o dito tempo en fraccións de quince minutos.

A falta de asistencia ó traballo avisaráselle á empresa coa máxima urxencia posible e sempre dentro da primeira xornada laboral en que se falte, salvo en casos debidamente xustificados.

Entre xornada e xornada deberán transcorrer, como mínimo, doce horas de descanso.

Artigo 19º.-Festas laborables.

Respectaranse as festas nacionais e locais establecidas no calendario oficial.

O desfrute das ditas festas realizarase do seguinte xeito:

a) Persoal en réxime de traballo de xornada partida ou continuada, excepto o correquendas, no propio festivo.

b) Persoal en réxime de traballo de correquendas segundo establecen os cadros de correquendas.

En todo caso, e coas excepcións que máis adiante se expoñen, respectaranse para todo o persoal os seguintes festivos: Nadal, Ano Novo, 1º de maio e 25 de xullo.

Os días 24 e 31 de decembro o descanso comezará ás 6 horas e terminará respectivamente ás 6 horas dos días 26 de decembro e 2 de xaneiro, ben entendido que os postos de carga e báscula deberán quedar cubertos no caso de existir tal necesidade de carga e desenvolvéndose este traballo como máximo ata as 14 horas.

Así mesmo, deberá estar cuberto o posto de caldeiras por un oficial de quenda polo tempo necesario que garanta o mantemento da presión nelas.

Ó persoal que atenda os ditos servicios compensaránselle as horas realizadas por descansos ou horas extras, á escolla do interesado, sendo o aboamento mínimo para o posto de caldeiras de catro horas, con independencia do tempo que invista no dito servicio.

En ámbolos casos, a empresa facilitará ou aboará o medio de transporte.

Así mesmo, a empresa arbitrará un sistema que cubra a vixilancia da fábrica nestas datas.

Artigo 20º.-Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de desemprego existente e con obxecto de favorece-la creación de emprego, ámbalas partes acordan a conveniencia de non realizar máis horas extraordinarias que aquelas de carácter estructural ou as que veñan esixidas pola necesidade de previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes.

O valor bruto de cada hora extraordinaria será o que figura nos cadros que se xuntan como anexo III e IV, formando parte integrante do presente convenio.

Considéranse horas extraordinarias estructurais as realizadas polas seguintes causas:

a) Previr ou reparar sinistros.

b) Previr ou reparar danos extraordinarios e urxentes.

c) Risco de perda ou deterioración de materias primas ou productos.

d) Períodos punta de actividade.

e) Ausencias imprevistas.

f) Substitución de membros do comité.

g) Cambio de quendas.

h) Mantemento do proceso productivo.

En todo caso e sen prexuízo do establecemento dun sistema específico para cada sección da empresa, toda realización de horas extraordinarias deberá estar autorizada polo xefe competente, o cal fará consta-la súa autorización expresa na tarxeta de control de horario do traballador.

Artigo 21º.-Vacacións.

1. Duración.

Sen distinción de categoría, todo o persoal terá dereito a desfrutar anualmente dun período de trinta días naturais de vacacións pagadas pola empresa.

O persoal fixo que leve menos dun ano de servicio desfrutará da parte proporcional ó tempo transcorrido entre o seu ingreso e o 31 de decembro.

Ós traballadores que cesen no transcurso do ano sen teren desfrutado das vacacións corresponderalles por este concepto a parte proporcional ó tempo transcorrido desde o 1 de xaneiro ata a data do seu cesamento. No suposto de que as tivesen desfrutado e o fixesen por un tempo superior ó que lles corresponde, o exceso seralles deducido do importe da súa liquidación.

2. Distribución.

As vacacións deberán ser tomadas sempre por días completos.

O cadro de vacacións exporase dentro do último mes do ano anterior e poderá ser modificado por razóns técnicas, comerciais ou de calquera outra índole, logo de consulta ó comité de empresa.

Arbitrarase un sistema de rotación do persoal na preferencia do desfrute das vacacións no período estival.

3. Vacacións fóra do período estival.

Os traballadores que desfruten vacacións fóra do período comprendido entre o 16 de xuño e o 15 de setembro, ambos incluídos, serán gratificados coa cantidade de 53.069 pesetas durante a vixencia do convenio en 1997, e con 54.130 ptas. en 1998.

Cando o período de vacacións coincida parcialmente co sinalado no parágrafo precedente, terase dereito á parte proporcional da gratificación.

4. Interrupción do período de vacacións por incapacidade laboral transitoria.

Considerarase interrupción de vacacións en situación de incapacidade laboral transitoria o período de tempo igual ó transcorrido entre a baixa e a alta de hospitalización, debendo o traballador aporta-los oportunos xustificantes de baixa, e sempre que se poida produci-la compensación do desfrute no mesmo ano natural en que se produza a baixa; para isto será avaliada a hospitalización polo servicio médico da empresa.

Artigo 22º.-Permisos.

O traballador, avisando coa posible antelación e xustificándoo adecuadamente, poderá faltar ou ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, unicamente por algún dos motivos e durante o tempo que a seguir se expón:

a) Por matrimonio, vinte días naturais.

b) Durante dous días, que poderá amplia-la dirección en casos de enfermidade grave ou falecemento de cónxuxe, fillos, pais dun ou outro cónxuxe, irmáns, netos, avós, tíos e ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

Cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Durante tres días en caso de parto da esposa.

d) Durante dous días en caso de traslado do domicilio habitual.

e) En caso de bautizo, primeira comuñón e matrimonio de fillos do traballador, matrimonio de irmáns ou netos, un día natural que coincidirá co da cerimonia, polo que non procederá se esta ten lugar en festivo ou xornada de descanso.

f) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público.

g) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal, nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

A comunicación para o desfrute destes permisos realizarase por escrito, coa maior anticipación posible, ós superiores xerárquicos, os cales o remitirán ó departamento de persoal.

Artigo 23º.-Licencias non retribuídas.

Logo de solicitude ó xefe inmediato, o persoal poderá desfrutar de licencias non retribuídas para asuntos propios e sempre que as necesidades do servicio o permitan; para este efecto, terase en conta o seguinte:

1º Deberá ser solicitado por escrito, no posible con cinco días de anticipación.

2º Concederase ou denegarase a licencia dentro dos dous días seguintes á presentación da solicitude.

3º A licencia poderá ser anulada, en calquera momento, por causas de forza maior ou circunstancias extraordinarias que fixesen necesaria a asistencia do peticionario ó traballo.

Capítulo V

Condicións económicas

Artigo 24º.-Mellora económica.

Establécese nun 2,50% a mellora económica acordada para o ano 1997, aplicable de forma porcentual sobre tódolos conceptos salariais en vigor o 31 de decembro de 1996, salvo aqueles que, na súa propia definición, posúan valores específicos.

Establécese nun 2% a mellora económica para o ano 1998 (segundo ano de vixencia do convenio), aplicable de forma porcentual sobre tódolos conceptos salariais en vigor o 31 de decembro de 1997, salvo aqueles que, na súa propia definición, posúan valores específicos.

Durante o segundo ano de vixencia do convenio terase en conta unha revisión salarial no seu exceso no caso de que a suma do IPC referido ós anos 1997 e 1998 sexa superior ás porcentaxes de incremento que se estipulan neste convenio.

A base salarial para o cálculo dos incrementos para o ano 1998 estará constituída pola base salarial o 31 de decembro de 1997.

Artigo 25º.-Conceptos retributivos.

Os conceptos retributivos que compoñen a renda de traballo dos traballadores afectados polo presente convenio clasificaranse segundo as denominacións que se detallan a seguir:

a) Salario real. Para tódolos efectos previstos no presente convenio, o salario real estará composto pola suma dos seguintes conceptos salariais:

1. Soldo base: para tódalas categorías será o indicado na táboa de valores contida no anexo I deste convenio que, como parte integrante del, se xunta.

2. Complementos salariais.

2.1. Persoais:

2.1.1. Antigüidade. Acórdase unha valoración para os aumentos periódicos polos anos de servicio, sen distinción de categoría, segundo a táboa de valores contida no anexo II.

Para a concesión do complemento de antigüidade, computarase como data inicial a do ingreso na empresa.

No caso de que o traballador cese na empresa por sanción ou por vontade propia, sen solicita-la excedencia voluntaria, se posteriormente reingresa na empre

sa, o cómputo de antigüidade efectuarase a partir do seu novo ingreso.

O importe de cada bienio ou quinquenio comezarase a devengar desde o día 1 do mes seguinte ó seu cumprimento.

2.1.2. Plus de convenio. Establécese este plus para cada categoría profesional nas cantidades especificadas na táboa salarial, anexo I deste convenio.

2.2. De posto de traballo:

(Segundo táboa de valores contida no anexo II).

2.2.1. Plus de traballo por quendas, mantemento e bocadillo. Establécese este plus para o persoal de fábrica que traballe por quendas, así como para o persoal de mantemento, exceptuándose o basculeiro e o garda.

Este plus vén supli-lo tempo de descanso para o bocadillo, establecido no artigo 1 da Lei 4/1983, do 29 de xuño, que fixa a xornada máxima legal.

Queda fixado o seu valor, para tódalas categorías, en 22.654 ptas. para 1997 e en 23.107 ptas. para o ano 1998.

2.2.2. Plus de perigosidade. A súa contía será de 9.367 ptas. para o ano 1997, e de 9.554 ptas. para o ano 1998, en ámbolos casos, para todo o persoal con dereito a el.

2.2.3. Plus de correquendas. Este plus concédeselle ós postos de traballo continuo, con descansos computados mensualmente como se prevé no artigo 17º deste convenio.

Este plus está valorado en 26.319 ptas. mensuais con vixencia para o ano 1997, e en 26.845 ptas. mensuais aplicables en 1998.

2.2.4. Plus de compensación especial. Este plus concédeselle ó persoal de traballo en plantas por quendas con descanso en sábados, domingos e festivos, non sendo compatible co plus de correquendas, nin devengado por persoal que ingresase na empresa con posterioridade ó 1 de xaneiro de 1985.

Este plus está valorado en 11.941 pesetas mensuais con vixencia para 1997, e en 12.180 ptas. mensuais aplicable en 1998.

2.2.5. Plus especial de mantemento. Este plus concédeselle ó persoal da área de mantemento pola realización de traballos e coordinación das persoas doutras compañías de servicios que a empresa contrate para a realización de reparacións determinadas.

Este plus está valorado en 6.618 pesetas mensuais con vixencia para 1997 e en 6.750 ptas. aplicables en 1998.

2.2.6. Plus de retén de mantemento eléctrico. A súa contía será de 13.237 pesetas mensuais con vixencia para 1997, e de 13.502 ptas. mensuais para 1998, sendo de aplicación para os operarios de mantemeto eléctrico. No caso de que o operario Emilio Cao López se reintegrase ó sistema de traballo de correquendas do que procedía substituirase este plus polo concepto correspondente.

Este plus de retén obrigará os traballadores a que afecta a estaren localizables nas fins de semana e festivos para atende-las necesidades que se puidesen pro

ducir, con independencia do aboamento de horas extras.

2.2.7. Plus de retén mantemento mecánico. Establécese este plus para o persoal de mantemento mecánico que se adhira a este sistema. A súa contía establécese en 6.750 ptas. mensuais, e terá efectos durante o segundo ano de vixencia deste convenio e a partir da data da súa sintaura.

Este plus de retén obrigará os traballadores ós que afecta a estaren localizables nas fins de semana e festivos para atende-las necesidades que se puidesen producir, con independencia do aboamento de horas extras.

2.2.8. Plus de equivalencia. A súa contía será de 26.319 ptas. para o ano 1997 e de 26.845 ptas. aplicables en 1998, e é de aplicación para o operario de mantemento eléctrico, Emilio Cao López, con obxecto de non mingua-la retribución que percibía en concepto de plus de correquendas, como proveniente do dito sistema de traballo. Este plus de equivalencia deixarase de percibir no caso de o operario citado volva a integrarse no sistema de correquendas, substituíndose neste caso polo plus de correquendas inherente ó dito sistema.

3. Participación en beneficios: a paga de beneficios aboarase mensualmente na nómina e o seu importe, sen distinción de categorías, será o especificado na táboa salarial que figura no anexo II do presente convenio.

b) Pagas extraordinarias. As gratificacións extraordinarias serán dúas e consistirán, cada unha delas, en trinta días de salario real.

O devengo das pagas extraordinarias será por sextas partes, sendo o período de devengo da paga de verán do 1 de xaneiro ó 30 de xuño e a de Nadal do 1 de xullo ó 31 de decembro.

Aboaranse, a primeira entre o 15 e o 18 de xullo, e a segunda entre o 20 e o 22 de decembro.

Capítulo VI

Melloras sociais

Artigo 26º.-Premio extraordinario por anos de permanencia na empresa.

Premiarase a permanencia na empresa do persoal que, ó xubilarse, cumpra:

-20 anos de servicio: unha mensualidade.

-30 anos de servicio: dúas mensualidades.

Igualmente, aqueles traballadores que causen baixa na empresa por motivos diversos, salvo por despedimento procedente, terán dereito ós mencionados premios se cumpriron os anos de servicios determinados anteriormente.

A aqueles traballadores que cumpran 25 anos de servicio premiaráselle-la súa permanencia na empresa cunha mensualidade.

Artigo 27º.-Compensación por matrimonio e nacemento de fillos.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá unha gratificación de pagamento único consistente en:

-Por nacemento de fillo: 34.855 ptas. con vixencia para 1997 e 35.552 ptas. para o ano 1998.

-Por matrimonio: 69.709 ptas. con vixencia para 1997 e 71.103 ptas. aplicables para o ano 1998.

Artigo 28º.-Bolsa de Nadal.

Tódolos traballadores do cadro de persoal recibirán entre os días 15 e 22 de decembro, unha bolsa de Nadal.

Para a elección da composición da bolsa será consultado o comité de empresa.

Igualmente, incluiranse tódolos traballadores que causen baixa na empresa por incapacidade permanente, en calquera dos seus graos, ata o momento en que cumpran a idade que lles permita optar pola situación de xubilación.

Artigo 29º.-Seguro de vida.

A empresa subscribe unha póliza de seguro a favor de tódolos seus traballadores que garante un capital de tres millóns de pesetas por morte ou invalidez total, absoluta, permanente e gran invalidez, xa sexa como consecuencia de enfermidade común ou accidente.

Este capital tomará efecto durante o ano 1998 a partir da data da sinatura deste convenio, subsistindo ata a dita data o capital que rexía ata o 31 de decembro de 1996.

Este capital poderá ser incrementado polo traballador que o desexe, pagando coa súa aportación persoal o exceso de prima correspondente.

Artigo 30º.-Percepcións en caso de incapacidade laboral transitoria.

Tódolos traballadores suxeitos ó presente convenio que se encontren en situación de baixa por accidente laboral percibirán, con cargo á empresa, a compensación económica necesaria co fin de percibi-lo cento por cento do seu salario real, sempre que o médico da empresa corrobore a baixa, para o cal poderá efectua-las visitas domiciliarias que considere oportunas.

Nos casos de enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa complementará as prestacións da Seguridade Social co fin de garanti-las percepcións mínimas seguintes:

-3 primeiros días: ata o 75 por 100.

-17 seguintes días: ata o 90 por 100.

O resto do tempo complementarase o salario ó cento por cento ata a situación de invalidez permanente.

Artigo 31º.-Traballadores con capacidade diminuída.

Naqueles supostos en que houbese necesidade de efectuar mobilidade de persoal a consecuencia de diminución da capacidade física dalgún traballador, ben sexa como consecuencia de enfermidade común, desgaste físico derivado dunha dilatada vida laboral ou non laboral, a empresa procurará acopla-lo dito persoal, na medida do posible, en traballos adecuados ás súas condicións físicas.

Artigo 32º.-Xubilación anticipada.

De xeito individual poderase pactar entre a empresa e o traballador interesado a xubilación anticipada, coas indemnizacións e prestacións que se consideren en cada caso.

Non obstante, haberá que aterse ás disposicións vixentes na materia en cada momento.

Artigo 33º.-Fondo social.

Ó quedar suprimido o fondo social, o saldo existente nesta data será administrado polo comité de empresa, coa expresa aprobación da dirección.

Capítulo VII

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 34º.-Comité de seguridade e saúde.

Funcionará na empresa un comité de seguridade e saúde; a súa misión e funcionamento rexeranse pola lexislación vixente.

Procurarase que todo o persoal asista ós cursos de seguridade polo menos unha vez ó ano.

Artigo 35º.-Roupa de traballo e de seguridade.

1. Roupa de traballo.

A empresa facilitaralles á tódolos traballadores da planta dous conxuntos de chaqueta e pantalón e dúas toallas ó ano.

Ó persoal de laboratorio facilitaráselle roupa e calzado adecuado e, como mínimo, dúas batas e un par de zocos ó ano.

A empresa substituirá a roupa de traballo entregada cando polo uso sexa necesaria a súa reposición, esixíndose a entrega da roupa usada á entrega da nova.

2. Roupa de seguridade e hixiene laboral.

A empresa facilitaralles a tódolos traballadores da planta unha peza de abrigo e un par de botas de seguridade cada dous anos.

Así mesmo, darase unha funda antiácido a todo o persoal que manipule ácidos.

Para os postos que o requiran, facilitarase un par de botas de goma e para todo o persoal que traballe no exterior un traxe de augas.

Con independencia do anterior, a empresa subministraralles ós traballadores tódalas pezas que, por seguridade, sexan necesarias para o desempeño das súas funcións.

Capítulo VIII

Faltas e sancións

Artigo 36º.-Normas xerais.

1. Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa en virtude de incumprimentos laborais de acordo coa graduación das faltas e sancións que se establezan nas disposicións legais ou no presente convenio.

2. A valoración das faltas e as correspondentes sancións impostas pola dirección da empresa serán sempre revisables ante a xurisdicción competente. A sanción das faltas graves e moi graves requirirá comunicación escrita ó traballador, facendo consta-la data e os feitos que a motivan.

A imposición de sancións por falta grave e moi grave seralle comunicada ó comité de empresa.

3. As faltas cometidas polo persoal clasifícanse segundo a súa importancia, transcendencia ou intencionalidade en leves, graves e moi graves.

A enumeración das faltas que se contén nos artigos seguintes non é limitativa senón simplemente enunciativa e, xa que logo, terán a mesma clasificación aqueles feitos análogos que se poidan cometer, aínda que non estean expresamente recollidos nos mencionados artigos.

Artigo 37º.-Faltas leves.

Considéranse faltas leves:

1. A falta de puntualidade na entrada ó traballo ou saír antes do final deste, cometida de unha a cinco veces durante o prazo dun mes sen o debido permiso ou xustificación.

2. Non cursa-lo aviso correspondente en casos de falta ó traballo, por motivo xustificado, salvo imposibilidade forzosa.

3. Cambiar de roupa ou en xeral disporse para a saída antes da hora de finalización da xornada ou antes de terse realizado a substitución.

4. Pequenos descoidos na conservación das naves, máquinas, ferramentas ou na súa limpeza.

5. Non avisa-lo xefe inmediato dos defectos do material ou da necesidade deste para segui-lo traballo en perfectas condicións.

Artigo 38º.-Faltas graves.

Considéranse faltas graves:

1. Máis de cinco faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas durante un mes.

2. Faltar dous días ó traballo, sen xustificar, sexan ou non consecutivos, durante un período de trinta días.

3. A simulación de enfermidade ou accidente, así como simula-la presencia doutro traballador asinando ou fichando por el ou encargarlle a outro que realice as ditas operacións.

4. Introducir nos lugares de traballo bebidas alcohólicas para o seu consumo, aínda que este non chegue a producirse.

5. Causar desperfectos de consideración e intencionadamente nas máquinas, mobiliario ou demais bens da empresa.

6. A reincidencia en falta leve, aínda que sexa de distinta natureza, cometida dentro dun trimestre e mediando sanción.

Artigo 39º.-Faltas moi graves.

Consideraranse faltas moi graves:

1. Máis de 10 faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas nun período de 6 meses ou máis de 20 durante un ano, calquera que fose a contía dos atrasos.

2. O abandono do traballo en postos de responsabilidade, entendéndose por tal o abandono do posto durante a xornada, cando se ocupe posto de mando ou se sexa responsable dun servicio de importancia para a empresa.

3. O abandono do posto de traballo ou falta de asistencia, calquera que sexa aquel, sen causa xustificada,

se como consecuencia diso se orixina grave prexuízo a un compañeiro ou á empresa.

4. A embriaguez ou o consumo de drogas estando de servicio.

5. Facer desaparecer, inutilizar, estragar ou causar desperfectos a primeiras materias, máquinas, aparellos, ferramentas, instalacións, edificios, documentos, etc., da empresa.

6. O falseamento ou secuestro de documentos, así como a violación do segredo de correspondencia ou documentos reservados á empresa. Se é a persoas alleas á empresa a sanción será sempre de despedimento.

7. O abandono ou neglixencia na vixilancia nocturna ou permiti-la entrada nos locais da empresa durante a noite a persoas non autorizadas.

8. O abuso de autoridade.

9. A reincidencia en faltas graves, aínda que sexan de distinta natureza. Haberá reincidencia cando se sancionase xa por unha falta grave no período dos 6 meses anteriores.

10. O incumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo que entrañe perigo grave.

11. Tolerarlles ós subordinados que traballen quebrantando as normas de seguridade e hixiene.

12. Durmir en horas de traballo.

Artigo 40º.-Sancións.

As sancións que se aplicarán serán as seguintes:

a) Por faltas leves:

1. Amoestación privada, verbal ou escrita.

2. Suspensión de emprego e soldo dun día.

b) Por faltas graves:

1. Suspensión de emprego e soldo de 1 a 6 días.

c) Por faltas moi graves:

1. Suspensión de emprego e soldo de 7 a 30 días.

2. Inhabilitación por un período non superior a dous anos para ascender de categoría.

3. Despedimento con perda de tódolos seus dereitos na empresa.

Capítulo IX

Órgano de representación dos traballadores

Artigo 41º.-Comité de empresa.

Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis recoñécenselle ó comité de empresa as seguintes funcións:

Ser informado pola dirección da empresa dos seguintes asuntos:

Trimestralmente, polo menos, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a situación da producción e vendas da entidade, sobre o seu programa de producción e evolución probable do emprego na empresa.

Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e demais documentos que se lles dan a coñecer ós socios e nas mesmas condicións que a estes.

Con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre as reestructuracións do cadro de persoal, peches totais ou parciais, definitivos ou temporais, e as reduccións de xornada, sobre o traslado total ou parcial das instalacións empresariais e sobre os plans de formación profesional da empresa.

Do reingreso na empresa do persoal que se encontraba en excedencia.

En función da materia de que se trate: sobre a implantación ou revisión de sistema de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias: estudios de tempo, establecemento de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

Sobre a fusión, absorción, modificación de estatus xurídico da empresa, cando isto supoña calquera incidencia que afecte o volume de emprego.

A dirección facilitaralle ó comité de empresa o modelo ou modelos de contratos de traballo que habitualmente utilice, estando lexitimado o comité para efectua-las reclamacións oportunas ante a empresa e, se é o caso, a autoridade laboral competente.

No referente ás estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidade profesional e as súas consecuencias, os índices de sinistralidade, o movemento de ingresos, cesamentos e ascensos.

Exercer un labor de vixilancia sobre as seguintes materias:

Cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de seguridade social, así como o respecto dos pactos, condicións ou usos da empresa en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas ante a empresa e os organismos ou tribunais competentes.

As condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo da empresa.

Participar, como se determine regulamentariamente, na xestión das obras sociais establecidas na empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo cumprimento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade da empresa.

Recoñéceselle ó comité de empresa capacidade procesual, como órgano colexiado, para exerce-las accións administrativas ou xudiciais, en todo o relativo ó ámbito da súa competencia.

Os membros do comité de empresa, e este no seu conxunto, observarán sixilo profesional en todo o referente ós apartados anteriores, aínda despois de deixar de pertencer ó comité de empresa e, en especial, en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinale expresamente o carácter reservado.

O comité velará non só por que nos procesos de selección de persoal se cumpra a normativa vixente ou pactada, senón tamén polos principios da non discriminación, igualdade de sexo ou fomento dunha política racional de emprego.

Artigo 42º.-Garantías sindicais.

Ningún membro do comité de empresa poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións nin dentro do ano seguinte ó seu cesamento,

salvo que este se produza por revogación ou demisión, e sempre que o despedimento ou a sanción se basee na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación. Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedecesen a outras causas, deberase tramitar expediente contradictorio, no que será oído, á parte do interesado, o comité de empresa.

Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón do desempeño da súa representación.

Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación e poderán publicar ou distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicando todo isto previamente á empresa e exercendo as tales tarefas de acordo coa norma legal vixente para o efecto.

Disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determina.

Así mesmo, non se computará dentro do máximo legal de horas o exceso que sobre el se produza con motivo da designación de membros do comité como compoñentes de comisións negociadoras de convenios colectivos nos que sexan afectados e polo que se refire á celebración de sesións oficiais a través das cales transcorran tales negociacións e cando a empresa en cuestión se vexa afectada polo ámbito de negociación referida.

Sen pasa-lo máximo legal poderán ser consumidas as horas retribuídas de que dispoñen os membros do comité, co fin de preve-la asistencia deles a cursos de formación organizados polos seus sindicatos, institutos de formación ou outras entidades.

Expresamente acórdase a distribución de horas dos distintos membros do comité do xeito seguinte:

a) Para un máximo de 2 ou 3 membros do comité de empresa fíxase unha dispoñibilidade máxima para cada un deles de 16 horas á semana, 40 horas ó mes e 300 horas ó ano.

b) O resto das horas do comité de empresa, que se dividirán entre os restantes membros, fixándose para cada un o seu número de horas.

Na realización efectiva desta dispoñibilidade por parte dos membros do comité de empresa que traballan a «quendas ininterrompidas» será necesario un prazo de preaviso de 24 horas de anticipación.

En calquera caso esta dispoñibilidade no exercicio da súa representación terá que ser compatible coas súas obrigas no traballo, da que terá ademais que presentar xustificación suficiente.

Artigo 43º.-Cota sindical.

A empresa descontará da nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente.

O traballador interesado remitiralle á empresa un escrito no que exprese con claridade a orde de desconto, a central ou sindicato a que pertence, a contía da cota, así como o número da conta corrente ou cartilla de aforros a que deba ser transferido o importe da cota deducida.

ANEXO I

TÁBOA SALARIAL ANO 1997

Salario basePlus de convenio

Total anual

MensualAnualMensualAnual

Xefe de quenda e contramestre mantemento68.743962.402100.619 1.408.6662.371.068
Oficial 1ª administrativo68.743962.402119.727 1.676.1782.638.580
Oficial 2ª administrativo68.743962.402107.552 1.505.7282.468.130
Auxiliar administrativo68.743962.40298.6291.380.8062.343.208
Axudante de laboratorio68.743962.402100.784 1.410.9762.373.378
Auxiliar de laboratorio68.743962.40282.3841.153.3762.115.778
Médico17.186240.604118.431 1.658.0341.898.638
ATS34.371481.19452.488 734.8321.216.026
Basculeiro68.743962.40282.9901.161.8602.124.262
Garda68.743962.40272.2381.011.3321.973.734
Subalterno-limpadora68.743962.40252.773 738.8221.701.224
Oficial 1ª producción/mantemento68.743962.40260.569 847.9661.810.368
Oficial 2ª producción/mantemento68.743962.40254.483 762.7621.725.164
Oficial 3ª producción/mantemento68.743962.40248.392 677.4881.639.890
Axudante de fabricación68.743962.40242.306 592.2841.554.686

ANEXO II

TÁBOA DE COMPLEMENTOS ANUAIS 1997

MensualAnual

Antigüidade
1 bienio3.34346.802
2 bienios6.68693.604
2 bienios e 1 quinquenio13.369187.166
2 bienios e 2 quinquenios20.053280.742
2 bienios e 3 quinquenios26.739274.346
Beneficios
Sen antigüidade6.68693.604
1 bienio6.98997.846
2 bienios7.296102.144
2 bienios e 1 quinquenio7.901110.614
2 bienios e 2 quinquenios8.506119.084
2 bienios e 3 quinquenios9.113127.852
Perigosidade9.367131.138
Plus de quendas, mantemento

e bocadillo

22.654317.156
Correquendas26.319368.466
Plus compensación especial

persoal 3 quendas

11.941167.174
Plus especial mantemento6.61892.652
Plus de retén13.237185.318
Plus equivalencia26.319368.466

ANEXO III

VALOR HORAS EXTRAORDINARIAS ANO 1997

Sen antigüidade

Xefe de quenda3.234
Contramestre de mantemento2.945
Oficial 1ª en correquendas2.681
Oficial 2ª en correquendas2.597
Oficial 3ª en correquendas2.513

Sen antigüidade

Axudante en correquendas2.429
Oficial 1ª en 3 quendas2.468
Oficial 2ª en 3 quendas2.385
Oficial 3ª en 3 quendas2.301
Axudante en 3 quendas2.218
Oficial 1ª de mantemento2.395
Oficial 2ª de mantemento2.312
Oficial 3ª de mantemento2.228
Oficial 1ª administrativo2.805
Oficial 2ª administrativo2.638
Auxiliar administrativo2.516
Axudante de laboratorio2.546
Auxiliar de laboratorio2.395
Basculeiro2.301
Garda basculeiro2.301
Subalterno-limpadora1.887

1 bienio

Xefe de quenda3.284
Contramestre de mantemento2.995
Oficial 1ª en correquendas2.732
Oficial 2ª en correquendas2.648
Oficial 3ª en correquendas2.564
Axudante en correquendas2.479
Oficial 1ª en 3 quendas2.518
Oficial 2ª en 3 quendas2.435
Oficial 3ª en 3 quendas2.351
Axudante en 3 quendas2.268
Oficial 1ª de mantemento2.446
Oficial 2ª de mantemento2.363
Oficial 3ª de mantemento2.279
Oficial 1ª administrativo2.856

1 bienio

Oficial 2ª administrativo2.689
Auxiliar administrativo2.567
Axudante de laboratorio2.595
Auxiliar de laboratorio2.446
Basculeiro2.351
Garda basculeiro2.351
Subalterno-limpadora1.937

2 bienios

Xefe de quenda3.334
Contramestre de mantemento3.045
Oficial 1ª en correquendas2.782
Oficial 2ª en correquendas2.698
Oficial 3ª en correquendas2.614
Axudante en correquendas2.530
Oficial 1ª en 3 quendas2.569
Oficial 2ª en 3 quendas2.486
Oficial 3ª en 3 quendas2.402
Axudante en 3 quendas2.319
Oficial 1ª de mantemento2.496
Oficial 2ª de mantemento2.412
Oficial 3ª de mantemento2.329
Oficial 1ª administrativo2.906
Oficial 2ª administrativo2.739
Auxiliar administrativo2.616
Axudante de laboratorio2.646
Auxiliar de laboratorio2.496
Basculeiro2.402
Garda basculeiro2.402
Subalterno-limpadora1.987

2 bienios e

1 quinquenio

Xefe de quenda3.435
Contramestre de mantemento3.145
Oficial 1ª en correquendas2.882
Oficial 2ª en correquendas2.798
Oficial 3ª en correquendas2.714
Axudante en correquendas2.630
Oficial 1ª en 3 quendas2.669
Oficial 2ª en 3 quendas2.585
Oficial 3ª en 3 quendas2.502
Axudante en 3 quendas2.418
Oficial 1ª de mantemento2.595
Oficial 2ª de mantemento2.512
Oficial 3ª de mantemento2.428
Oficial 1ª administrativo3.005

2 bienios e

1 quinquenio

Oficial 2ª administrativo2.838
Auxiliar administrativo2.716
Axudante de laboratorio2.746
Auxiliar de laboratorio2.596
Basculeiro2.502
Garda basculeiro2.502
Subalterno-limpadora2.087

2 bienios e

2 quinquenios

Xefe de quenda3.535
Contramestre de mantemento3.245
Oficial 1ª en correquendas2.983
Oficial 2ª en correquendas2.899
Oficial 3ª en correquendas2.815
Axudante en correquendas2.731
Oficial 1ª en 3 quendas2.769
Oficial 2ª en 3 quendas2.685
Oficial 3ª en 3 quendas2.601
Axudante en 3 quendas2.518
Oficial 1ª de mantemento3.696
Oficial 2ª de mantemento2.612
Oficial 3ª de mantemento2.529
Oficial 1ª administrativo3.106
Oficial 2ª administrativo2.939
Auxiliar administrativo2.817
Axudante de laboratorio2.845
Auxiliar de laboratorio2.696
Basculeiro2.601
Garda basculeiro2.601
Subalterno-limpadora2.187

2 bienios e

3 quinquenios

Xefe de quenda3.636
Contramestre de mantemento3.346
Oficial 1ª en correquendas3.083
Oficial 2ª en correquendas2.999
Oficial 3ª en correquendas2.915
Axudante en correquendas2.831
Oficial 1ª en 3 quendas2.869
Oficial 2ª en 3 quendas2.785
Oficial 3ª en 3 quendas2.702
Axudante en 3 quendas2.618
Oficial 1ª de mantemento2.796
Oficial 2ª de mantemento2.712
Oficial 3ª de mantemento2.629
Oficial 1ª administrativo3.206
Oficial 2ª administrativo3.039
Auxiliar administrativo2.916
Axudante de laboratorio2.946
Auxiliar de laboratorio2.796
Basculeiro2.702
Garda basculeiro2.702
Subalterno-limpadora2.287

ANEXO IV

TÁBOA SALARIAL ANO 1998

Salario basePlus de convenio

Total anual

MensualAnualMensualAnual

Xefe de quenda e contramestre mantemento70.118981.652102.631 1.436.8342.418.486
Oficial 1ª administrativo70.118981.652122.122 1.709.7082.691.360
Oficial 2ª administrativo70.118981.652109.703 1.535.8422.517.494
Auxiliar administrativo70.118981.652100.602 1.408.4282.390.080
Axudante de laboratorio70.118981.652102.800 1.439.2002.420.852
Auxiliar de laboratorio70.118981.65284.0321.176.4482.158.100
Médico17.530245.420120.800 1.691.2001.936.620
ATS35.059490.82653.538 749.5321.240.358
Basculeiro70.118981.65284.6501.185.1002.166.752
Garda70.118981.65273.6831.031.5622.013.214
Subalterno-limpadora70.118981.65253.828 753.5921.735.244
Oficial 1ª producción/mantemento70.118981.65261.780 864.9201.846.572
Oficial 2ª producción/mantemento70.118981.65255.573 778.0221.759.674
Oficial 3ª producción/mantemento70.118981.65249.360 691.0401.672.692
Axudante de fabricación70.118981.65243.152 604.1281.585.780

ANEXO V

TÁBOA DE COMPLEMENTOS ANUAIS 1998

MensualAnual

Antigüidade
1 bienio3.41047.740
2 bienios6.82095.480
2 bienios e 1 quinquenio13.636190.904
2 bienios e 2 quinquenios20.454286.356
2 bienios e 3 quinquenios27.274381.836
Beneficios
Sen antigüidade6.82095.480
1 bienio7.12999.806
2 bienios7.442104.188
2 bienios e 1 quinquenio8.059112.826
2 bienios e 2 quinquenios8.676121.464
2 bienios e 3 quinquenios9.295130.130
Perigosidade9.554133.756
Plus de quendas, mantemento

e bocadillo

23.107323.498
Correquendas26.845375.830
Plus compensación especial

persoal 3 quendas

12.180170.520
Plus especial mantemento6.75094.500
Plus de retén Mtto. eléctrico13.502189.028
Plus de retén Mtto. mecánico6.75094.500
Plus equivalencia26.845375.830

ANEXO VI

VALOR HORAS EXTRAORDINARIAS ANO 1998

Sen antigüidade

Xefe de quenda3.599
Contramestre de mantemento3.304
Oficial 1ª en correquendas3.035

Sen antigüidade

Oficial 2ª en correquendas2.949
Oficial 3ª en correquendas2.863
Axudante en correquendas2.778
Oficial 1ª en 3 quendas2.817
Oficial 2ª en 3 quendas2.733
Oficial 3ª en 3 quendas2.647
Axudante en 3 quendas2.562
Oficial 1ª de mantemento2.743
Oficial 2ª de mantemento2.658
Oficial 3ª de mantemento2.573
Oficial 1ª administrativo3.161
Oficial 2ª administrativo2.991
Auxiliar administrativo2.866
Axudante de laboratorio2.897
Auxiliar de laboratorio2.743
Basculeiro2.647
Garda basculeiro2.647
Subalterno-limpadora2.225

1 bienio

Xefe de quenda3.650
Contramestre de mantemento3.355
Oficial 1ª en correquendas3.087
Oficial 2ª en correquendas3.001
Oficial 3ª en correquendas2.915
Axudante en correquendas2.829
Oficial 1ª en 3 quendas2.868
Oficial 2ª en 3 quendas2.784
Oficial 3ª en 3 quendas2.698
Axudante en 3 quendas2.613
Oficial 1ª de mantemento2.795

1 bienio

Oficial 2ª de mantemento2.710
Oficial 3ª de mantemento2.625
Oficial 1ª administrativo3.213
Oficial 2ª administrativo3.043
Auxiliar administrativo2.918
Axudante de laboratorio2.947
Auxiliar de laboratorio2.795
Basculeiro2.698
Garda basculeiro2.698
Subalterno-limpadora2.276

2 bienios

Xefe de quenda3.701
Contramestre de mantemento3.406
Oficial 1ª en correquendas3.138
Oficial 2ª en correquendas3.052
Oficial 3ª en correquendas2.966
Axudante en correquendas2.881
Oficial 1ª en 3 quendas2.920
Oficial 2ª en 3 quendas2.836
Oficial 3ª en 3 quendas2.750
Axudante en 3 quendas2.665
Oficial 1ª de mantemento2.846
Oficial 2ª de mantemento2.760
Oficial 3ª de mantemento2.676
Oficial 1ª administrativo3.264
Oficial 2ª administrativo3.094
Auxiliar administrativo2.968
Axudante de laboratorio2.999
Auxiliar de laboratorio2.846
Basculeiro2.750
Garda basculeiro2.750
Subalterno-limpadora2.327

2 bienios e

1 quinquenio

Xefe de quenda3.804
Contramestre de mantemento3.508
Oficial 1ª en correquendas3.240
Oficial 2ª en correquendas3.154
Oficial 3ª en correquendas3.068
Axudante en correquendas2.983
Oficial 1ª en 3 quendas3.022
Oficial 2ª en 3 quendas2.937
Oficial 3ª en 3 quendas2.852
Axudante en 3 quendas2.766
Oficial 1ª de mantemento2.947
Oficial 2ª de mantemento2.862
Oficial 3ª de mantemento2.777
Oficial 1ª administrativo3.365

2 bienios e

1 quinquenio

Oficial 2ª administrativo3.195
Auxiliar administrativo3.070
Axudante de laboratorio3.101
Auxiliar de laboratorio2.948
Basculeiro2.852
Garda basculeiro2.852
Subalterno-limpadora2.429

2 bienios e

2 quinquenios

Xefe de quenda3.906
Contramestre de mantemento3.610
Oficial 1ª en correquendas3.343
Oficial 2ª en correquendas3.257
Oficial 3ª en correquendas3.171
Axudante en correquendas3.086
Oficial 1ª en 3 quendas3.124
Oficial 2ª en 3 quendas3.039
Oficial 3ª en 3 quendas2.953
Axudante en 3 quendas2.868
Oficial 1ª de mantemento3.050
Oficial 2ª de mantemento2.964
Oficial 3ª de mantemento2.880
Oficial 1ª administrativo3.468
Oficial 2ª administrativo3.298
Auxiliar administrativo3.173
Axudante de laboratorio3.202
Auxiliar de laboratorio3.050
Basculeiro2.953
Garda basculeiro2.953
Subalterno-limpadora2.531

2 bienios e

3 quinquenios

Xefe de quenda4.009
Contramestre de mantemento3.713
Oficial 1ª en correquendas3.445
Oficial 2ª en correquendas3.359
Oficial 3ª en correquendas3.273
Axudante en correquendas3.188
Oficial 1ª en 3 quendas3.226
Oficial 2ª en 3 quendas3.141
Oficial 3ª en 3 quendas3.056
Axudante en 3 quendas2.970
Oficial 1ª de mantemento3.152

2 bienios e

3 quinquenios

Oficial 2ª de mantemento3.066
Oficial 3ª de mantemento2.982
Oficial 1ª administrativo3.570
Oficial 2ª administrativo3.400
Auxiliar administrativo3.274
Axudante de laboratorio3.305
Auxiliar de laboratorio3.152
Basculeiro3.056
Garda basculeiro3.056
Subalterno-limpadora2.633

3303