Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 22 de abril de 1998 Páx. 4.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

EDICTO.

Descoñecéndose o domicilio actual da empresa Rutas Galicia, S.A., afectada por expediente de resolución do contrato da concesión da xestión indirecta do servico de explotación dunha embarcación monocasco e tres catamaráns, nos encoros de Santo Estevo, Os Pearaes e Belesar, e das instalacións deportivas e recreativas de Portomarín, Belesar (encoro), Belesar (vila), Doade, e Augasmestas, acordado polo Pleno desta Deputación Provincial de Lugo, en sesión extraordinaria celebrada o día 16 de marzo de 1998, e de conformidade co disposto no artigo 59, apartado 4º, da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, anúnciase, por medio do presente edicto, e como notificación e, na súa parte dispositiva, o contido do citado acordo:

1º. Prestar aprobación ó expediente de resolución do contrato de concesión, da xestión indirecta, do servicio de explotación dunha embarcación monocasco e tres catamaráns, no ecoros de Santo Estevo, Os Peares e Belesar, e das instalacións deportivas e recreativas de Portomarín, Belesar (encoro), Belesar (vila), Doade e Augasmestas, coa empresa Rutas Galicia, S.A..

2º. Incauta-la garantía que a dita empresa teña constituída, e proceder a efectua-la valoración dos posibles danos e prexuízos que procedesen, como indemnización no que exceda, se é o caso, do importe da citada garantía.

Contra o citado acordo pode interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no boletín oficial correspondente, sen prexuízo de que poida interpoñer outros recursos que considere oportunos.

Previamente á interposición do citado recurso deberá comunicarllo a esta deputación provincial, para cumprimento do establecido no artigo 110.3º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 30 de marzo de 1998.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente

Faustino Martínez Fernández

Secretario