Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 22 de abril de 1998 Páx. 4.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión celelebrada o día 16 de febreiro de 1998, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización promovido pola razón social Promociones Rúa Buenos Aires, para a urbanización de dúas rúas (1ª e 2ª Travesía da rúa Buenos Aires), nos terreos situados no núcleo urbano de Pastoriza, redactado polo arquitecto Antonio Balboa Pombo e visado polo COAG, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avenida do Balneario, número 10 1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que consideren convenientes. (Expediente 43/97. PUR).

Arteixo, 12 de marzo de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

3051