Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 22 de abril de 1998 Páx. 4.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/63-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Canteras Fernández, S.A.

Enderezo social: Praza do Príncipe, 3 entreplanta, 32300 O Barco de Valdeorras.

Denominación: ampliación e modificación L.M.T. e C.T. en nave A Mallada (Riodolas).

Situación: Carballeda de Valdeorras.

Descricións técnicas: liña aéra a 15/20 kV en conductor LA-56, de 105 m de lonxitude, sobre apoios metálicos, con orixe na liña que vai de Riodolas á explotación A Ponderosa (Irosa) e remate no C.T. proxectado en caseta con 500 kVA, 15/20 kV/380-220 V, próximo á nave A Mallada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 18 de marzo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2948