Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 22 de abril de 1998 Páx. 4.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/39-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., R.B.T. de Paradaseca e Rabal.

Situación: Chandrexa de Queixa.

Descricións técnicas: liña aérea de 20 kV en conductor LA-56, de 15 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. de Chandrexa de Queixa-San Cristovo e remate no C.T. de Rabal. Redes de B.T. no sector.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 26 de febreiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2942