Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 22 de abril de 1998 Páx. 4.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde de 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Asistencia técnica de redacción de proxecto incluso cartografía do acondicionamento da estrada PO-250. Treito: Redondela-Pazos de Borbén.

Adxudicatario: Ciisa.

Orzamento: 9.248.680 ptas.

-Asistencia técnica control e vixilancia Avenida de Castrelo ó Parque Tecnolóxico, Parque Botánico, Universidade de Vigo.

Adxudicatario: Estudios del Noroeste, S.A.

Orzamento:19.919.172 ptas.

-Asistencia técnica de redacción de control e vixilancia da estrada PO-244.

Treito: Arcade-Ponte-Caldelas.

Adxudicatario: Estudio Técnico Gallego, S.A.

Orzamento:14.838.955 ptas.

-Asistencia técnica ás expropiacións de acondicionamento do enlace A Estrada-Forcarei coa PO-541 a través de Cercedo.

Adxudicatario: Estudio Técnico Gallego, S.A.

Orzamento:6.449.613 ptas.

-Asistencia técnica de control e vixilancia acondicionamento da LU-1612.

Treito: Ferreira do Valadouro-Cangas de Foz.

Adxudicatario: Ciisa.

Orzamento: 11.667.140 ptas.

-Asistencia técnica control e vixilancia alargamento e mellora da estrada C-630.

Treito: Baleira-Lastra.

Adxudicatario: Norcontrol, S.A.

Orzamento: 11.181.240 ptas.

-Asistencia técnica control e vixilancia alargamento e mellora OU-401.

Treito: Ribadavia-límite da provincia.

Adxudicatario: Prointec, S.A.

Orzamento: 9.910.885 ptas.

-Asistencia técnica control e vixilancia.

Treitos: A Castela-Sobrado/Curtis-Montesalgueiro.

Adxudicatario: Norcontrol, S.A.

Orzamento: 12.064.696 ptas.

-Asistencia técnica control e vixilancia.

Treito: Cea-Fondo de Cea.

Adxudicatario: Estudios del Noroeste, S.A.

Orzamento: 11.018.353 ptas.

-Asistencia técnica control e vixilancia.

Treito: A Pereira-Brandomil.

Adxudicatario: UTE Unitec Técnicas Unidas, S.L.-Topogray S.L.

Orzamento: 6.582.437 ptas.

-Asistencia técnica control e vixilancia.

Treito: Bertamiráns-Negreira.

Adxudicatario: Cygsa.

Orzamento:10.094.865 ptas.

Asistencia técnica control e vixilancia.

Treito: Escairón-Monforte de Lemos III.

Adxudicatario: Cor Control, S.A.

Orzamento: 8.696.520 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto lle pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

3026