Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1998, da Dirección Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, mediante concurso público con procedemento aberto e trámite de urxencia, do servicio de limpeza das súas dependencias, na rúa Dr. García Portela números 3, 11 e 13.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado i) do artigo 6 da Orde do 22 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 111, do 6 de xuño), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso público, e trámite de urxencia do servicio de limpeza das súas dependencias sitas na rúa Doutor García Portela números, 3, 11 e 13 de Lugo.

I. Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de limpeza das dependencias da Dirección Provincial do Sergas de Lugo sitas na rúa Doutor García Portela números, 3, 11 e 13, por un orzamento de dous millóns sesenta e seis mil seiscentas sesenta e catro pesetas (2.066.664 ptas.) IVE incluído.

II. Prazo de execución: do 1 de maio ó 31 de decembro de 1998.

III. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e demais documentación complementaria pode ser solicitada na Secretaría Provincial da Dirección Provincial do Sergas de Lugo, rúa Doutor García Portela, 13-1.ª planta, teléfono: (982) 29 69 13. Fax: (982) 29 69 39.

IV. Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de corenta e unha mil trescentas trinta e tres pesetas (41.333 ptas.) e unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación por un importe de oitenta e dúas mil seiscentas sesenta e sete pesetas (82.667 ptas.). As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995 do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

V. Capacidade económica e financeira: acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

VI. Capacidade técnica: acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

VII. Clasificación: non se precisa.

VIII. Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula nove do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o presente concurso.

IX. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

X. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro da Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Lugo antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar á Dirección Provincial do Sergas de Lugo a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

XI. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Provincial do Sergas de Lugo (Dr. García Portela, 3-1.ª planta) ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte

a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

XII. Documentos que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XIII. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 3 de abril de 1998.

Manuel Díaz Vázquez

Director provincial do Sergas en Lugo

3482