Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se modifica a composición da comisión de valoración prevista na Resolución do 20 de xaneiro de 1998 pola que se convoca concurso público para a adxudicación de novas oficinas de farmacia.

Como consecuencia das circunstancias que concorren nun dos membros titulares integrantes da comisión de valoración do concurso público para a adxudicación de novas oficinas de farmacia, resulta necesario proceder a modifica-la súa composición.

Na súa virtude, esta secretaría xeral,

DISPÓN:

Primeiro.- Destituí-lo seguinte membro titular da comisión de valoración prevista na base IV da resolución desta secretaría xeral, do 20 de xaneiro de 1998, pola que se convocou concurso público para adxudicación das novas oficinas de farmacia:

Vocal: María Jesús Silva Villar, xefa do Servicio de Prestacións Farmacéuticas da División de Farmacia e Productos Sanitarios do Sergas.

Segundo.- Nomea-lo seguinte membro titular en substitución do cesante:

Vocal: María José Dorribo Gude, xefa de Sección do Servicio de Planificación e Ordenación Sanitaria da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 1998.

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

2947