Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/36-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., e R.B.T. de Carracedo, Beacán.

Situación: A Peroxa.

Descricións técnicas: 3 liñas aérea a 20 kV, en conductor LA-56 derivadas: (1º) desde apoio de madeira que se substituirá da L.M.T. existente Celaguantes-Barra de Miño de 1.174 m de lonxitude e remate en C.T. aéreo proxectado con 50 kV, 20.000/380-220 V, en Outeiro de Carracedo. (2º) desde apoio número 2 da L.M.T. a C.T. de Outeiro de Carracedo con 79 m de lonxitude e remate en C.T. exitente na caseta de Carracedo. (3º) desde apoio número 25 da L.M.T. Os Peares-Velle, de 357 m de lonxitude a C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, 20.000/380-220 V, de Outeiro de Beacán. Liñas de B.T. no sector.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 26 de febreiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2940