Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/35-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Outeiro de Cañón, Moreira.

Situación: Celanova.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 46 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. Celanova-Bande ata o apoio número 2 onde pasa a subterránea, cunha lonxitude de 25 m en conductor R.H.V. 12/20 e remate no C.T. a pé de poste proxectado con 250 kVA, 20.000/380-220 kV en Moreira. R.B.T. de Moreira-Outeiro de Cañón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 25 de febreiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2919