Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.068

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

ANUNCIO do 16 de marzo de 1998, da Xerencia de Infraestructura da Defensa, sobre a reversión dos terreos denominados Polvorín de Culleredo, na Coruña, con relación de propietarios expropiados.

Con fin de cumpri-lo disposto no artigo 59.4º da Lei 30 /1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, que para os efectos de notificación con carácter gratuíto recolle a Orde do 22 de xaneiro de 1976 (BOE nº 45, do 21 de febreiro), procédese á publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte texto:

O ministro de Defensa, con data do 17 de outubro de 1997, desafectou do fin público a que estaban destinados os terreos da propiedade denominada: Polvorín de Culleredo, A Coruña.

Os ditos terreos fóronlles expropiados no seu día ós propietarios relacionados no anexo que se xunta.

Para iso, en cumprimento da instrucción 25/1993, do 18 de marzo, sobre a tramitación de procedemento administrativo no ámbito do Ministerio de Defensa, ponse no coñecemento dos primitivos donos ou habentes-causa, que desapareceu a afectación ó fin público a que estaban destinados os terreos ocupados pola propiedade militar Polvorín de Culleredo polo que, no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste edicto, poderán exerce-los dereitos de reversión que lles outorgan os artigos 54 e 55 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, en relación cos artigos 63 e seguintes do seu regulamento, aprobado por Decreto do 26 de abril de 1957.

Para o exercicio destes dereitos, os interesados deberán formula-las oportunas alegacións perante a Xerencia de Infraestructura da Defensa, r/ Princesa, 32-28008 Madrid.

A Coruña, 16 de marzo de 1998.

Ricardo Paz Canalejo

Coronel delegado

PropietarioPredioSuperficie m

Ramona Serantes4B1.374,98
Enriqueta Mosquera Pan e fillos5bis1.768,00
Manuel Pita Iglesias61.677,60
Herederos de Lembey95.166,00
Jesús Gende Bermúdez121.648,80
Dolores e Manuel Estraviz15105,60
Manuel Pedreira Pardo18153,60
Manuel Pita Iglesias e irmáns226.176,00

3456