Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

POXA para a contratación, mediante procedemento aberto, das obras comprendidas no programa de accesibilidade urbana na cidade de Ferrol, ano 1998.

Anúnciase a seguinte licitación:

1. Obxecto: execución das obras de accesibilidade urbana da cidade de Ferrol comprendidas nos catro proxectos redactados polo arquitecto Manuel Abad Carrascosa correspondentes ás rúas avenida de Esteiro, cantón de Molíns, avenida de Castelao e San Roque e Ánimas.

2. Tipo de licitación: 75.559.239 ptas.

3. Prazo de execución das obras: cinco meses.

4. Lugar e prazo de presentación das ofertas: as ofertas presentaranse no rexistro xeral sito na planta baixa do Pazo Municipal, en man, e desde as 9 ás 13 horas, dentro do prazo de trece días naturais contados desde o día de publicación do último anuncio de licitación, ben no BOP ou no DOG (se o

último día coincidise en sábado, festivo ou domingo, trasladarase ó seguinte día hábil). Dentro do indicado prazo tamén se poderán presentar por correo na forma regulamentaria.

5. Garantía provisional: será de 1.511.184 ptas. equivalente ó 2% do orzamento do contrato ou tipo de licitación e deberá ser depositada na caixa da corporación.

O modelo de proposición e os documentos que deban xuntarse especifícanse no artigo 11.2º do prego de cláusulas administrativas particulares, o cal se atopa á disposición dos interesados no Negociado de Servicios Sociais, sito no edificio municipal rúa Lugo, 56-1º.

Ferrol, 27 de febreiro de 1998.

O alcalde

Rubricado

3339