Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.047

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 3 de abril de 1998 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, anunciada por orde desta consellería do 17 de febreiro de 1998 (DOG número 40, do 27 de febreiro) e a súa corrección de erros publicada no DOG número 48, do 11 de marzo.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, mediante Orde do 17 de febreiro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 40, do 27 de febreiro) e a súa corrección de erros publicada no Diario Oficial de Galicia nº 48, do 11 de marzo, de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.- Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 17 de febreiro de 1998 e a súa posterior corrección de erros.

Segundo.- O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino, o funcionario está desfrutando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.- O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.- Contra esta orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia,

comunicándolle previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1998.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO

NRP: 1484881413 A2051.

Grupo: B.

Apelidos e nome: Leis Barreiros, Juan Santiago.

Código do posto: FA.C99.10.000.15001.120.

Posto de traballo: Servicio de Familia, Infancia e Menores.

Nivel: 28.

Localidade: A Coruña.

Dependencia: Delegación Provincial.

2836