Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 4.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de licitación.

Anuncio de licitación para contratar por concurso público, vía de procedemento aberto e urxente, a adxudicación conxunta da obra e o seu proxecto técnico, denominada acceso público ó núcleo de poboación de Daián (Cervo).

De conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, sobre contratos das administracións públicas, anúnciase procedemento aberto e urxente para adxudicar, mediante concurso, conxuntamente a obra co seu correspondente proxecto técnico, denominado acceso público ó núcleo de poboación de Daián (Cervo).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Cervo, praza do Concello, 27891, Cervo (Lugo). Teléfono (998) 55 77 77. Fax (998) 55 77 29.

A) Dependencia que tramita o expediente: ssecretaría do concello, onde poderán obter copia do prego de condicións, das bases técnicas e demais información que compón o expediente.

2. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución das obras, así como a redacción do correspondente proxecto técnico, de acordo coas bases técnicas redactadas polos servicios municipais, aprobadas ó mesmo tempo có prego de condicións e incorporadas a el como anexo I.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

A) Tramitación: urxente, segundo o acordo corporativo.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 16.564.800 ptas (conxuntamente para proxecto e obra) IVE incluído.

5. Garantías:

A) Provisional: 2% tipo, equivalente a 331.296 ptas.

B) Definitiva: 4% do orzamento do contrato.

7. Presentación de ofertas: as ofertas presentaranse dentro dos 13 días naturais seguintes ó da publicación do modelo normalizado de anuncio de licitación no BOP.

8. Gastos de anuncios e tributos: pola conta do adxudicatario.

O que se fai público para cumpri-lo establecido no artigo 326 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia.

Cervo, 3 de abril de 1998.

Roberto Álvarez Fernández

Alcalde

2729