A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:
Subministración plurianual: productos de ostomía. (C.P. 7/98).
Os licitadores poderán concorrer a un, a varios ou á totalidade dos lotes que se enumeran no prego de prescricións técnicas.
Orzamento: 6.295.860 pesetas (IVE incluído).
Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público e trámite ordinario.
Prazo de execución: desde a data de formalización do contrato ata o 31-12-1999, en entregas sucesivas, de acordo con pedidos ou programacións.
Admisión de variantes: admítense, sempre e cando superen o estipulado nas prescricións técnicas.
Solvencia económica e financeira: non se require.
Solvencia técnica: de acordo co establecido no artigo 18, apartados d) e e), da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
Criterios de adxudicación: 1) Prezo, ata 5 puntos. 2) Calidade, ata 5 puntos.
Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Compras do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, 52, (edificio de administración - planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 14 horas, agás sábados.
Fianzas: provisional: non se require. Definitiva: 4% do importe de licitación do/s que sexa/n adxudicario/s.
Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 58 49 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.
Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Xestión do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento será por conta do/s adxudicatario/s.
Ourense, 26 de marzo de 1998.
Pedro A. Soler Bordoy
Director xerente do Complexo Hospitalario
Cristal-Piñor
3387