Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 4.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1998 pola que se renova a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Cenilesa, S.L. con domicilio no polígono das Arieiras, s/n. 27297-Lugo.

De acordo co establecido nos artigos 2, 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os artigos 12.h e 18.3.1.a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), esta dirección xeral resolveu:

Renova-la acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorios de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a Cenilesa, S.L. con domicilio no Polígono das Arieiras, s/n. 27297-Lugo, polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, na área de:

-HC Área de control de formigón en masa, de cemento, de áridos e de auga co número 15030HC92.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1998.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

2719