Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 4.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 11 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador de epizootias LU-76/1998 devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a notificación de incoación de expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, situada na Ronda da Muralla, 70, para presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa. Así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario poralle fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

ANEXO

Expediente: LU-76/98.

Denunciado: José Conde Conde.

DNI: 34.530.364.

Último enderezo coñecido: Estremil-Vilamarín. Ourense.

Feitos imputados: transporta-lo día 27 de xaneiro de 1998, no vehículo matrícula OR-5010-A, 4 cabezas de gando bovino, procedentes do mercado gandeiro de Sarria ata Ourense, e carecer do carné de tratante.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias.

Precepto infrinxido: artigos 195 e 196.

Precepto sancionador: artigo 213.

Cualificación da infracción: moi grave.

Sanción posible: de 1.000 a 50.000 pesetas.

Lugo, 11 de marzo de 1998.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

3474