Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 4.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 11 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epozootias LU-EC-36/97.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE de 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, a resolución do expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións: número 311-152-115/8 Caixa Galicia, oficina principal de Lugo.

ANEXO

Expediente: LU-EC-36/1997.

Denunciado: Genoveva Penabad Calvo.

DNI: 76.543.697.

Último enderezo coñecido: Galdo-Carballo-Viveiro-Lugo.

Feito denunciado: non poñer á disposición dos veterinarios o día 6 de outubro de 1997 o seu gando

para realiza-las probas correspondentes á campaña de saneamento gandeiro de 1997.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigos 113 do Regulamento de epizootias, do 4 de febreiro de 1955, así como a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 4 de abril de 1997.

Precepto sancionador: artigo 209.3º do Regulamento de epizootias.

Sanción imposta: 100.000 pesetas.

Lugo, 11 de marzo de 1998.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

2819