Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 4.011

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 22 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai público que foi outorgado o permiso de investigación Blanca, número 5479.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que por Resolución da Dirección Xeral de Industria, do 26 de maio de 1997, foi outorgado o permiso de investigación Blanca, número 5479, de 54 cuadrículas mineiras para recursos de lousa que se sitúa nos concellos de Quiroga da provincia de Lugo e Larouco da provincia de Ourense.

O que se fai público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Lugo, 22 de xaneiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2800