Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 4.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/44-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Sta. María-Atocha, C.T.C. Sta. María, O Cuvelo e A Fonte.

Situación: Arzúa.

Descricións técnicas: reforma da L.M.T. e CC.TT. na vila de Arzúa, L.M.T. aérea, a 20 kV Portodemouros-Arzúa de 457 m entre os apoios 85 e 91 en conductor pigeón 90/99 mm. L.M.T. aérea a 15/20 kV a C.T. Burres de 120 m que parte do apoio 86 da L.M.T. anterior e final no apoio 1º a C.T. Burres, L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 60 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 que xunta a L.M.T. Portodemouros-Arzúa con C.T. O Cuvelo, L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 391 m de lonxitude que parte do C.T. Sta. María e final na L.M.T. aérea a Boimorto, L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 1.490 m en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que xunta os CC.TT. de Atocha, A Fonte, O Cuvelo e Sta. María, reforma do C.T. O Cuvelo de 400 kVA e a construcción dos CC.TT. de Sta. María e O Cuvelo de 250 kVA/U. Concello de Arzúa. .

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 17 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

2737