Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 4.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/15-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: Reordenación fusos subestación Eirís.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15/20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3x(1x240) mm Al de 755 m de lonxitude, con orixe na subestación Eirís e final na liña que alimenta o C.T. en r/ Bergondo de 1.220 m de lonxitude, con orixe na subestación Eirís e final no C.T. Hernán Sáez de 125 m de lonxitude, con orixe no C.T. Hernán Sáez e final no C.T. Monte das Moas de 240 m de lonxitude, con orixe no C.T. Monte das Moas e final no C.T. Boavista de 1.465 m de lonxitude, con orixe na subestación Eirís e final no C.T. Ánxela B. de Soto de 1.505 m de lonxitude, con orixe na subestación..

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

2867