Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 4.006

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/47-2, 4929 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Grueiro, Saa, Toxiño (Guitiriz).

Situación: Guitiriz.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56 con 1933 m de lonxitude. Centro de transformación 25 kVA relación 20.000/380-220 V. Centro de transformación 50 kVA relación 20.000/380-220 V. Rede baixa tensión en conductor R.Z. 0.6/1 kV de 80 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 16 de febreiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2858