Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 4.006

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/324-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Hidroeléctrica del Arnego, S.L.

Domicilio social: Orillamar 88-90, portal 3, entreplanta B, 15001 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. estrada de Melide.

Situación: Agolada.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, de 620 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 2 da L.M.T. ó C.T. Sierra-Benito, rematando no C.T. que se proxecta na estrada a Melide, Concello de Agolada. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 16 de febreiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

2855