Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 3.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 4 de marzo de 1998, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00624-O-97 e catro máis).

Pola presente cédula, notifícanselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega, conta rexistrada de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27).

E para que conste e lles sirva de notificación ós/as denunciados/as, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 4 de marzo de 1998.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta,

imposta

PO-00624-O-97

PO-6943-AG

G.C. Tráfico

Yolanda Rodríguez Bacariza

Salcedo Cabanas, 42

36143 Pontevedra

Circular transportando lambetadas, carecendo da tarxeta de transportes. Servicio privado, vehículo lixeiro.

28-5-1997; 11.30; N-550; 96

Art. 103 da

Lei 16/1987 e

Art. 158 do

Real decreto

1211/1990

Art. 143 da

Lei 16/1987

Art. 201 do

Real decreto

1211/1990

25.000

ptas.

PO-00652-O-97

M-5391-LY

G.C. Tráfico

Const. P.S. e Ide. P. Diz

Bodegas Montemar, C.B.

Pardo Bazán, 4

362 Pontevedra

Circular realizando un transposte de bebidas, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado, vehículo lixeiro.

5-6-1997; 10.30; N-550; 130,500

Art. 103 da

Lei 16/1987 e

Art. 158 do

Real decreto

1211/1990

Art. 143 da

Lei 16/1987

Art. 201 do

Real decreto

1211/1990

25.000

ptas.

PO-00889-O-97

C-5093-AX

G.C. Tráfico

Cándido Pazos, S.L.

Alto Montouto, s/n

15886 Teo (A Coruña)

Non realización do visado da autorización no prazo determinado pola Administración. Transporta material de xardinería. Realiza servicio privado complementario de ámbito nacional. Servicio privado, vehículo lixeiro.

16-7-1997; 18.40; N-525; 286

Art. 103 da

Lei 16/1987 e

Art. 158 do

Real decreto

1211/1990

Art. 143 da

Lei 16/1987

Art. 201 do

Real decreto

1211/1990

25.000

ptas.

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta,

imposta

PO-00972-O-97

PO-5884-AY

G.C. Tráfico

José Juan Fernández Tomás

Nieto Rodríguez, s/n

36636 Cambados (Pontevedra)

Circular transportando andamios de construcción, así como carreta e pranchas de madeira prensada, carecendo dos correspondentes distintivos de radio de acción. Carece de tódolos distintivos. Servicio privado.

11-8-1997; 11.38; N-550; 137,700

O.M. 25 de outubro

de 1990 (BOE 30)

Art. 143 da

Lei 16/1987

Art. 201 do

Real decreto

1211/1990

15.000

ptas.

PO-01038-O-97

OR-2082-S

G.C. Tráfico

Emejotatrans, S.L.

Constitución, 2

32600 Verín (Ourense)

Realizar un servicio público de transportes (áridos), carecendo de autorización de transportes. Leva distintivos de servicio público, ámbito territorial-Galicia.

9-9-1997; 18.50; N-550; 172

Art. 199.b) do

Real decreto

1211/1990

Art. 143 da

Lei 16/1987

Art. 201 do

Real decreto

1211/1990

5.000

ptas.

2674