Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 3.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fai pública a adxudicación dunha asistencia técnica para a prestación do servicio de información e orientación técnica para a realización da declaración sobre a renda das persoas físicas, mediante o programa Padre, por concurso público, mediante procedemento aberto e por tramitación de urxencia.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das admi

nistracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de asistencia técnica:

1. Entidade adxudicadora:

A) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

B) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

C) Nº de expediente: 10/1998.

2. Obxecto do contrato:

A) Tipo de contrato: asistencia técnica.

B) Descrición do obxecto: prestación do servicio de información e orientación técnica para a realización da declaración sobre a renda das persoas físicas, mediante o programa Padre, en centros localizados na Xunta de Galicia.

C) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 47, do 10 de marzo de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

A) Tramitación: urxente.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: trece millóns catrocentas dúas mil catrocentas pesetas (13.402.400) IVE incluído.

5. Adxudicación:

A) Data: 7 de abril de 1998.

B) Contratista: Sítel Ibérica Teleservices, S.A.

C) Nacionalidade: española.

D) Importe da adxudicación: doce millóns novecentas sesenta e dúas mil catrocentas pesetas (12.962.400) IVE incluído.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

da Consellería de Economía e Facenda

2894