Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 3.986

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1998 pola que se convocan unhas xornadas sobre a nova Lei do réxime do solo e valoracións.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para 1998 e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse, en colaboración coa Revista de Derecho Urbanístico y Medio Ambiente, unhas xornadas sobre a nova Lei do réxime do solo e valoracións, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Acerca-los asistentes a un mellor coñecemento da nova normativa urbanística estatal: Lei sobre o réxime do solo e valoracións, o que facilitará ó mesmo tempo a correcta aplicación da lexislación autonómica galega neste eido.

2. Contido.

Trataranse, entre outros, estes temas:

-Aspectos xerais máis relevantes da nova lei.

-A clasificación do solo. Dereitos e deberes dos propietarios dos solos.

-Valoracións do solo, de obras, edificacións, instalacións, plantacións, arrendamentos. Concesións administrativas e dereitos reais.

-Supostos indemnizatorios por alteración do planeamento por limitacións singulares e por outros conceptos.

-Expropiación e reversión. Excepcións.

-Disposicións adidicionais e réxime transitorio.

-Aspectos competenciais do ordenamento urbanístico.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio de calquera das administracións públicas galegas e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá e tarde.

-Lugar e datas: as xornadas convocadas terán lugar no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela) os días 27 e 28 de abril.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o venres, o día 24 de abril de 1998.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP,

ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: (981) 54 63 37.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condicións de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando a partir do día 24 de abril, por teléfono das 10 ás 14.30 horas, ós seguintes números: (981) 54 62 39 ou (981) 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpr

desenvolvemento das xornadas, así como a de cancelalas se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate destas xornadas a aqueles que concorresen asiduamente a elas, cando a súa inasistencia non sexa igual ou superior ó 15% das horas lectivas programadas, e expresarase neste documento a natureza da actividade e a data da súa realización.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega

de Administración Pública

3184