Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 3.975

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 27 de marzo de 1998 pola que se anuncian as axudas económicas destinadas a subvenciona-la realización de obras de construcción, reforma e rehabilitación, así como o equipamento das sedes das entidades locais.

A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de conformidade co establecido no artigo 5 do Decreto 13/1994, do 20 de xaneiro, é competente, entre outras materias, na relación coas corporacións locais.

Tendo en conta isto, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais pretende continuar co seu labor de colaboración coas corporacións locais na mellora da calidade da vida local, regulando, por medio da presente orde, os requisitos e o procedemento que se

seguirá para a concesión de axudas económicas destinadas á realización de obras de construcción, reforma e rehabilitación, así como ó equipamento das sedes das entidades locais.

Nesta orde recóllese, ó igual que o exercicio pasado, a posibilidade de que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, asine convenios de cooperación con calquera das deputacións provinciais galegas, co fin de cofinancia-las obras de construcción, reforma ou o equipamento das sedes das entidades locais.

A orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, dispón no seu artigo 1.1º 3 que, entre outros, os expedientes de gasto imputables ós capítulos IV e VII poderán iniciarse no período de prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, unha vez aprobado o proxecto de orzamentos. Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Convócanse subvencións destinadas á realización de obras de construcción, reforma e rehabilitación das sedes das entidades locais así como o seu equipamento (bens non consumibles).

Estas subvencións faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.761.0, programa 123.A, ata unha contía máxima de cento quince millóns cincuenta e unha mil oitocentas corenta pesetas (115.051.840 ptas.), correspondente ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998, condicionándose o devandito gasto á existencia de crédito adecuado e suficiente no orzamento do exercicio do ano 1998, neste momento en trámite parlamentario.

2. Poderanse subvencionar:

a) Obras de construcción de nova planta naquelas corporacións locais nas que, polas condicións de ruína ou avanzado deterioro do edificio, sexa aconsellable a súa reposición, ou, en todo caso, obra nova.

b) Obras que supoñan a rehabilitación integral de edificios que vaian ser dedicados a sede da entidade local.

c) Obras de reparación de tellados, calefacción e/ou servicios sanitarios, así como as obras complementarias e incluso obras menores e construccións parciais.

d) Equipamento das sedes das entidades locais (bens non consumibles).

e) Obras de construcción, rehabilitación ou reparación de edificios anexos ás casas dos concellos.

Artigo 2º

A axuda económica que se conceda poderá alcanza-lo 100% do total do orzamento presentado.

Artigo 3º

No caso de obras que, por disposición municipal teñan carácter plurianual, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais poderá comprometerse a subven

cionar outras fases da execución da obra, con suxeición ás limitacións contidas no artigo 58 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Artigo 4º

1. As entidades locais que desexen acollerse ó beneficio desta orde elevarán petición, por medio de instancia dirixida ó conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, segundo modelo que figura como anexo desta orde, e presentarana no rexistro xeral das delegacións provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no da propia consellería ou por calquera outro dos medios a que se refire o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de trinta días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. A entidade local peticionaria achegará coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificación do acordo adoptado polo órgano competente da entidade local pola que se aproban as obras ou equipamentos que se van realizar e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na presente orde.

b) Memoria xustificativa da necesidade das obras ou equipamentos para as que se solicita subvención, con expresión da fase, se é o caso, a que corresponda.

c) No caso de construcción dun novo edificio, o proxecto da obra que se vai realizar e certificación da secretaría xeral da corporación, referida á titularidade e disposición da entidade local sobre o terreo onde se pretende contruí-la nova sede da entidade local.

No caso de obras menores ou de equipamento, será suficiente a presentación da correspondente memoria valorada.

d) Fotografías da sede da entidade local que incidan especialmente nas zonas onde se proxecta a realización das obras para as que se solicita subvención.

3. O defecto na solicitude seralles notificado ós interesados pola Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local desta consellería, e concederáselles un prazo de dez días para corrixi-los erros ou omisións. Se transcorrido ese prazo non se producise a corrección, as peticións serán arquivadas sen máis trámite.

Artigo 5º

1. Recibidas as solicitudes de subvención e a súa documentación, serán analizadas polos servicios competentes da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local que lle elevarán o correspondente informe ó director xeral, quen elevará proposta de resolución ó conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o cal resolverá.

2. Se se considera conveniente, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, poderá asinar convenios de cooperación con calquera das catro deputacións provinciais galegas, co fin de que estas participen no finanzamento das obras ou equipamentos a realizar.

Neste caso teranse en conta as seguintes consideracións:

a) A Xunta de Galicia poderá financiar só ata o 60% do orzamento da obra ou equipamento que se vaia realizar, correspondendo o 40% restante á deputación provincial correspondente e á entidade local beneficiaria da subvención.

b) Constituirase unha comisión formada por representantes da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e a deputación provincial correspondente, que lle elevará proposta de resolución ó conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Artigo 6º

Na valoración das solicitudes teranse en conta os seguintes aspectos:

A. A necesidade das obras que se van realizar, apreciadas en razón da súa urxencia, en canto ó estado material e ás condicións de uso do actual edificio da sede da entidade local.

B. A situación económica da entidade local considerada pola contía do seu orzamento.

C. A poboación e extensión do termo municipal.

Artigo 7º

A resolución seralles notificada a tódolos beneficiarios da subvención, na forma prevista no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que transcorridos tres meses desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes non se comunicase a concesión da subvención, entenderase desestimada.

Artigo 8º

A tramitación e adxudicación das obras será realizada polas entidades locais conforme a súa propia normativa, dándolle conta deste acto á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, mediante certificación expedida polo secretario xeral da corporación.

Artigo 9º

1. Os beneficiarios das subvencións, unha vez aceptadas estas, quedarán obrigados a destina-los fondos percibidos co obxecto concreto para o que foron concedidos. A Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución dos proxectos subvencionados.

2. As entidades locais beneficiarias da subvención, así como, se ó o caso, as deputacións provinciais que asinasen convenios de cooperación coa Xunta de Galicia, a través da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, presentarán no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local), as seguintes xustificacións orixinais ou copias cotexadas,

por triplicado, antes do 15 de outubro de 1998, inescusablemente:

a) No caso de obras, certificación no modelo oficial, con relación valorada, tramitada conforme o procedemento que rexe para a Administración local, acompañada da correspondente certificación, expedida polo secretario da corporación, relativa ó acordo de aprobación pola corporación.

b) No caso de equipamentos, facturas orixinais ou fotocopias cotexadas do gasto, nas que conste a aprobación da corporación.

A Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, de atopar conforme os xustificantes, proporá o libramento dos fondos.

Artigo 10º

No caso de que o beneficiario da axuda incumprise algunha das condicións ou obrigas estipuladas, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anulará os beneficios concedidos, e conforme o disposto no artigo 78.6º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, solicitará a devolución das cantidades percibidas, se as houbese, xunto cos xuros de demora que deba aquel, segundo o procedemento que establece o Regulamento xeral de recadación; e, se procede, instruirá expediente sancionador, conforme o previsto na vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 11º

Os solicitantes ós que non lles fose concedida a subvención disporán dun prazo de trinta días naturais, contados a partir da resolución, para retira-la documentación presentada. Transcorrido este prazo, arquivarase sen máis trámite.

Disposición adicional

A teor do disposto na orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, poderase chegar como máximo ata o momento inmediatamente anterior ó da disposición ou compromiso de gasto, en tanto non resulten aprobados os créditos adecuados e suficientes que amparen o correspondente gasto con cargo ós orzamentos definitivos para a Comunidade Autónoma, de 1998.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Xustiza e Administración Local para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 1998.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

2581