Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 3.974

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 117/1998, do 2 de abril, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dunha parcela de 841,42 m, sita no polígono de Teis, Vigo, feita a favor do Servicio Galego de Saúde polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para a construcción dun centro de saúde.

Mediante resolución con data do 17 de decembro de 1996, o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo acordou, logo de autorización do Consello da Xunta con data do 29 de novembro de 1996, cederlle unha parcela de 841,42m, sita no polígono de Teis, Concello de Vigo, ó Servicio Galego de Saúde, para a construcción dun centro de saúde.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto. Por outra banda, o artigo 23.1º da mesma lei establece que non poderán adquirirse bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor global dos gravames, cargas e afectacións impostas sobre eles supere o seu valor intrínseco. Non se considerarán carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e presidente do Servicio Galego de Saúde e coas condicións estipuladas nos acordos do Pleno do Concello con datas do 29 de xuño e 19 de setembro de 1996, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de abril de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Acéptase a cesión a título gratuíto dun predio propiedade do IGVS, feita a favor do Servicio Galego de Saúde, para a construcción dun centro de saúde.

2. O predio cedido ten unha superficie de 841,42 m e está sito no polígono de Teis, concello de Vigo, sendo os seus lindes os seguintes:

-Ó norte: rúa I-4.

-Ó sur: zona verde uso público.

-Ó leste: máis zona verde uso público que separa da rúa D do polígono.

-Ó oeste:máis zona verde uso público e rúa I-4.

Artigo 2º

O predio cédese segundo o establecido nos artigos 23.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 38 do seu regulamento e destinarase á construcción dun centro de saúde.

Artigo 3º

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, procederá á formalización da aceptación no correspondente documento público, inscribíndose no Rexistro da Propiedade ó seu nome e integrándose no seu patrimonio propio.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, dous de abril de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

3118