Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 3.959

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 115/1998, do 16 de abril, polo que se dispón que cese Ramón Mariño Rivas como delegado provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública en Ourense.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de abril de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Ramón Mariño Rivas como delegado provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública en Ourense, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, dezaseis de abril de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

3493