Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Xoves, 16 de abril de 1998 Páx. 3.952

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 10 de marzo de 1998, da Delegación Especial de Galicia, polo que se fai pública a relación de contribuíntes que se citan para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co que se establece no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais administrativas e da orden social, e por non ser posible notifica-lo procedemento que se relaciona, malia os dous intentos realizados, cítase o interesado que figura neste anuncio, para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pase a retirar persoalmente ou mediante representante a notificación que se indica na Delegación Especial da AEAT de Galicia, sita na r/ Comandante Fontáns, 10 da Coruña.

Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.

Interesado: Avelino López Camba.

NIF: 33753133-N.

Procedemento: Administrativo de Constrinximento (recadatorio).

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Recadación.

Lugar de comparecencia: Dependencia Rexional de Recadación, Delegación Especial da AEAT en Galicia, r/Comandante Fontáns, 10-5º A Coruña.

A Coruña, 10 de marzo de 1998.

Francisco García Magariños

Xefe da Dependencia Rexional de Recadación

3130