Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Xoves, 16 de abril de 1998 Páx. 3.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

APROBACIÓN definitiva de modificación puntual das normas subsidiarias municipais de planeamento, nunha parcela sita en Vilalonga, de ordenación segundo convenio.

A Corporación Municipal deste Concello, en sesión plenaria celebrada o día 27 de marzo de 1998, acordou prestar aprobación definitiva ó expediente de

modificación puntual das normas subsidiarias municipais de planeamento, nunha parecela sita en Vilalonga, de ordenación segundo convenio.

A modificación aprobada ten por obxecto unifica-lo tratamento urbanístico dunha parcela de 1.729 m do núcleo de Vilalonga, afectada polas ordenanzas 2, 4G1 e 5, asignándolle a ordenación resultante do convenio asinado entre o propietario e o concello.

De conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a modificación aprobada e a normativa que a regulamente será publicada no BOP de Pontevedra.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor directamente, e no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, logo de comunicación ó órgano autor do acto, ó que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que considere procedente.

Sanxenxo, 3 de abril de 1998.

José Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde

2573