Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Xoves, 16 de abril de 1998 Páx. 3.946

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1998 pola que se anuncia corrección de erros no expediente número 409/1998, relativo á realización do control de cualidade da obra de ampliación da Facultade de Ciencias Políticas.

Advertido erro na resolución rectoral da Universidade de Santiago de Compostela do 12 de marzo de 1998, pola que se anunciaba, entre outros, a concurso público, procedemento aberto, trámite ordinario o expediente arriba indicado, procédese á seguinte corrección:

Onde di:

Asistencia técnica e servicios.

Expediente número: 409/1998.

Obxecto: realización do control de cualidade da obras de ampliación da Facultade de Ciencias Políticas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 5.400.000 ptas. IVE incluído.

Garantía provisional:108.000 ptas.

Prazo de execución: será ata a finalización das obras do edificio.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1 e 2, categoría A.

Debe dicir:

Asistencia técnica e servicios.

Expediente número: 409/1998.

Obxecto: realización do control de cualidade da obra de ampliación da Facultade de Ciencias Políticas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 10.800.000 ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 216.000 ptas.

Plazo de execución: será ata a finalización das obras do edificio.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1 e 2, categoría A.

Anúnciase a tódolos interesados no dito procedemento que poderán consultar ou retira-la documentación, debidamente corrixida, na copistería Copynino, Xeneral Pardiñas, 2 Galerías, Santiago de Compostela, (teléfono (981) 58 89 38) ou na copistería Unicopia, Facultade de Veterinaria, Pavillón de Aulas, Campus Universitario de Lugo (teléfono (982) 25 23 03 extensión 22475).

En consecuencia procédese a dar novo prazo de presentación de ofertas, finalizando este o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

A apertura de ofertas terá lugar o terceiro día seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións; se este día fose inhábil ou sábado, realizarase o seguinte día hábil.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 1997.

P.D. (R. 14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos da Universidade de Santiago de Compostela

3350