Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Xoves, 16 de abril de 1998 Páx. 3.943

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1998, da Dirección Xerencia do Hospital de Montecelo de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso público para a adquisición de placas radiolóxicas, con destino a cubrir necesidades deste hospital, polo procedemento aberto e trámite de urxencia. (Expediente 9810).

A Dirección Xerencia do Hospital de Montecelo de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia do 6 de xuño), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o concurso público nº 9810, polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:

I. Obxecto e orzamento: a adquisición de placas radiolóxicas, con destino a cubrir necesidades deste hospital, repartido en sete lotes que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente, por un orzamento total de 27.509.603 pesetas. Imposto sobre o valor engadido, incluído.

II. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse conforme a demanda do Servicio de Subministracións.

III. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e demais documentación complementaria, poderá ser solicitada na sección de concursos do Hospital de Montecelo, lugar de Mourente, s/n. C.P. 36071 de Pontevedra, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono (986) 80 00 17, ou fax (986) 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.

IV. Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación de cada lote ó que se licite, que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Solvencia económica e financeira: as empresas licitadoras acreditarán a súa solvencia económico-financeira por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

VI. Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

VII. Criterios de adxudicación: os estipulados na folla de especificacións (p. 7).

VIII. Clasificación: non se esixe.

IX. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital de Montecelo, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

X. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital de Montecelo, ás dez horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

XI. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XII. Variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

XIII. Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 31 de marzo de 1998.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director xerente do Hospital de Montecelo

de Pontevedra

3307