Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Xoves, 16 de abril de 1998 Páx. 3.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1998 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración Hidráulica de Galicia, publicada no DOG do 2 de xullo de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Abastecemento auga potable e saneamento do hospital da Barbanza. (Ribeira-A Coruña).

Adxudicatario: Espina Obras Hidráulicas, S.A.

Orzamento: 55.892.839 ptas.

-Mellora do abastecemento de auga a Guitiriz-terminación. (Lugo).

Adxudicatario: Espina y Delfín, S.L.

Orzamento: 28.266.669 ptas.

-Abastecemento de auga marxe dereita da ría de Arousa, treito: Catoira-Rianxo. (Rianxo-A Coruña).

Adxudicatario: Necso Entrecanales Cubiertas, S.A.

Orzamento: 687.066.013 ptas.

-Saneamento da Guarda. (Pontevedra).

Adxudicatario: (U.T.E.) Movex Vial, S.L. e Demain, S.L.

Orzamento: 370.900.000 ptas.

-Saneamento do río Arnoia en Baños de Molgas. (Ourense).

Adxudicatario: Elsan, S.A.

Orzamento: 105.793.432 ptas.

-Abastecemento e saneamento a Novas, mosteiro de Gundín, Seoane, Fiestras e arteria xeral. (Xinzo de Limia-Ourense).

Adxudicatario: Proyecón Galicia, S.A.

Orzamento: 148.885.000 ptas.

-Saneamento de Burela. (Lugo).

Adxudicatario: Fergo Galicia, S.A.

Orzamento: 425.382.882 ptas.

-Abastecemento de auga a Ortigueira. (A Coruña).

Adxudicatario: CRC Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 100.341.297 ptas.

-Bombeo e rede de distribución de auga na parroquia de Lardeiros. (O Pino-A Coruña).

Adxudicatario: Antonio Fernández Gerpe.

Orzamento: 49.000.000 de ptas.

-Abastecemento primeira fase e saneamento segunda fase de Santa Cruz de Arrabaldo. (Ourense).

Adxudicatario: Misturas Asfálticas Galegas, S.A.

Orzamento: 78.161.000 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia

3305