Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Xoves, 16 de abril de 1998 Páx. 3.937

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 25 de marzo de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Beni II.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Beni II.

Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 28 Cambados F.

Data da concesión: 8-11-1972.

Data do remate da última prórroga: 30-11-2002.

Anterior concesionario: Ramos Pillado, Francisco (35.333.232) e Suárez Otero, Elisa (35.404.849).

Novos titulares concesión: Ramos Suárez, Juan-Francisco (35.449.226) e Suárez Ferro, Mª Carmen (35.453.767).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anteriore concesionario, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lels sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 25 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134/10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo

3273