Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Xoves, 16 de abril de 1998 Páx. 3.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso para a contratación dunha póliza de accidentes do persoal ó servicio da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

2. Obxectivo do contrato:

a) Tipo de contrato: Servicios de Seguros.

b) Descrición do obxecto: contratación de póliza de accidentes personais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

150.000.000 de ptas.

5. Garantía provisional:

3.000.000 de ptas.

6. Obtención de documentación e información:

Subdirección Xeral do Patrimonio, Consellería de Economía e Facenda.

Enderezo: San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

Teléfono: (981) 54 41 45.

Fax: (981) 54 41 25.

7. Data límite para a obtención de documentos e información:

a) Data: 12 de maio de 1998.

b) Hora: 14 horas.

8. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo III, subgrupo 8, categoría C.

Outros requisitos: autorización da Dirección Xeral de Seguros para operar en ramo de accidentes.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 13 de maio de 1998.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado mante-la oferta: un mes contado a partir da apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: si.

10. Apertura de ofertas:

Data: 18 de maio de 1998.

Hora: 10 horas.

Lugar: sala de xuntas da Consellería de Economía e Facenda.

Enderezo: edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios:

Serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas:

7 de abril de 1998.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da

Consellería de Economía e Facenda

2671