Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Xoves, 16 de abril de 1998 Páx. 3.932

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1998 pola que se convocan unhas xornadas sobre tráfico ilícito de vehículos.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no

ano 1998, conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dunhas xornadas sobre tráfico ilícito de vehículos, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

As xornadas teñen por obxectivo dota-los membros dos corpos e forzas de seguridade duns coñecementos necesarios para poder resolver tódolos problemas que se lles poidan presentar en relación co tráfico ilícito de vehículos.

Destinatarios.

As xornadas van dirixídas ós membros dos corpos e forzas de seguridade.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan é de 250.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 14 de maio de 1998.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Avenida da Cultura, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei

30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

Ás xornadas celebraranse durante os días 28 e 29 de maio de 1998.

O horario será en xornada de mañá (9.30-14 h) e tarde (16.30-20 h) o día 28, e en sesión de mañá o día 29.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 19 de maio de 1998 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (986) 59 00 21.

Lugar.

Salón de actos nº 1 da Consellería da Presidencia e Admón. Pública, sito no edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

Certificado de participación.

Ó remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a elas.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 25 de marzo de 1998.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

3269