Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 15 de abril de 1998 Páx. 3.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por concurso aberto da execución das obras de renovación de beirarrúas na rúa Pizarro de Vigo.

1. Entidade adxudicante. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Infraestructuras e Obras, Patrimonio e Contratación. Número de expediente: 23542/250.

2. Obxecto do contrato. Descrición: execución das obras de renovación de beirarrúas na rúa Pizarro, no tramo comprendido entre as rúas Brasil e Padre Feijoo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 19.065.224 ptas.

5. Garantía provisional: 381.304 ptas.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono (986) 81 01 48, fax: (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos especificos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira na forma prevista no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte a data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposicións axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos do anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 23 de marzo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

3266