Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 15 de abril de 1998 Páx. 3.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de ampliación dun módulo de liña a 132 kV na subestación de Intasa en San Sadurniño, provincia da Coruña. (Expediente 53/1997).

Vistos o escrito e a documentación presentados pola empresa Unión Eléctrica Fenosa, S.A., con enderezo para efectos de notificación na Coruña, r/ Severo Ochoa, 2, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.- O día 20 de marzo de 1997 a citada empresa solicitou a autorización administrativa das instalacións descritas no proxecto de execución: ampliación dun módulo de liña a 132 kV na subestación de Intasa e a aprobación do citado proxecto.

Xúntanlle á dita solicitude o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre

autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente segundo o disposto na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, do sistema eléctrico nacional.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Ampliación da subestación eléctrica de Intasa, en San Sadurniño, propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. dotándoa dun novo módulo de liña a 132 kV, consistente en:

-Pórtico constituído por perfís de aceiro, para sustentación do embarrado semiflexible de aluminio con alma de aceiro, tipo cóndor de 402,23 mm de sección de aluminio e 52,15 mm de sección do aceiro.

-Interruptor trifásico, seccionadores de liña e de barras para 145 kV, trafos de intensidade e tensión.

-Aparamenta de mando, control, sinalización e medida.

Segundo.- O citado proxecto de instalación someteuse a información pública, por resolución da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 22-4-1997, publicándose no Diario oficial de Galicia. do 29-5-1997 e no BOP da Coruña do 2-6-1997.

Durante o período legalmente establecido non se recibiron alegacións.

Terceiro.- A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola delegación provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.- A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, no Decreto 209/1990, do 15 de

marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, 292/1995, do 3 de novembro e 187/1997, do 3 de xullo, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, aplicable a este expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.- O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/68, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus Art. 5 e 6.

Terceiro.- No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1º- Autoriza-la ampliación dun módulo de liña a 132 kV na subestación de Intasa, en San Sadurniño (A Coruña).

2º- Aproba-lo proxecto de execución da citada instalación.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

2700