Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Martes, 14 de abril de 1998 Páx. 3.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIMORTO

ANUNCIO de licitación.

O Concello de Boimorto anuncia a poxa con procedemento aberto da obra incluída no Plan de Obras e Servicios de 1998 (POS), conforme o prego de cláusulas administrativas xerais, aprobado por acordo da deputación provincial o día 27 de maio de 1996 e modificados na sesión do 28 de novembro de 1996. (BOP número 282, do 9 de decembro).

1. Obxecto.

Adxudicación das obras de ampliación de iluminación pública en diversos lugares do municipio.

2. Tipo de licitación.

4.997.039 ptas.

3. Prazo de execución.

3 meses desde a formalización do contrato.

4. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do último anuncio no BOP ou no DOG, de 9 a 13 horas.

5. Garantía provisional.

2% do orzamento de licitación.

6. Garantía definitiva.

4% do importe de adxudicación.

7. Apertura de proposicións.

Terá lugar ás 13 horas do quinto día seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase sábado, domingo ou festivo, trasladarase ó seguinte hábil.

8. Modelo de proposición e documentación.

«D/Dª..., con domicilio en..., rúa..., nº..., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) n..., actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI ou CIF nº..., e con domicilio en..., nº..., teléfono...) toma parte na poxa con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de..., e para tales efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de... pesetas, que significa unha baixa de... pesetas, en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3. Que achega a documentación esixida no prego de condicións.

En..., ... de... de 199...

O licitador (asinado e rubricado)»

9. Modelo de sobre

«Proposición para tomar parte na contratación das obras de..., presentada por...

En..., ... de... de 199...»

En sobre á parte achegarase a documentación esixida na cláusula 12 de prego de cláusulas administrativas xerais aprobadas pola deputación procincial para a contratación mediante poxa con procedemento aberto.

Boimorto, 20 de marzo de 1998.

Luis Verea Taboada

Alcalde

3178