Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Martes, 14 de abril de 1998 Páx. 3.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 26 de marzo de 1998, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela (Lugo), pola que se lles notifica ós abaixo relacionados os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo, polos servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire, non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 0046-0315-95-0008142490 do Banco Gallego nos prazos que se sinalan no Art. 20 do

R.D. 1684/1990, do 20 de decembro (BOE nº 3 do 3-1-1991), polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (R.X.R.), modificado a través do R.D. 448/1995, do 24 de marzo (BOE nº 74 do 28-3-1995).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito Art. 20 do R.X.R., esixiranse os correspondentes intereses de demora, segundo o Art. 21 da Lei 11/1992, do 7 de outubro (DOG nº 200 do 14-10-1992), de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobro, comezará o período executivo.

Contra esta liquidación poderá interporse no prazo de 15 días, a partir do seguinte ó desta notificación, recurso de reposición ante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste, sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no Art. 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Burela, 26 de marzo de 1998.

Jesús Santiago Arez Martínez

Director do Hospital da Costa de Burela (Lugo)

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

CARD MEDICALB41272501FACTURA 960130417-4-1996 21.900 ptas.
CARD MEDICALB41272501FACTURA 95018474-12-1995 31.225 ptas.
CARD MEDICALB41272501FACTURA 950177320-11-1995 72.825 ptas.
CARD MEDICALB41272501FACTURA 950108123-8-1995 20.900 ptas.
Mª NOGUEIRA ROSA DALMEIDA032852 CFACTURA 980008321-1-1998140.075 ptas.
Mª NOGUEIRA ROSA DALMEIDA032852 CFACTURA 980008221-1-1998140.075 ptas.
MARIA JOSE RODRIGUEZ DIAZ34259383DFACTURA 970033921-3-1997 23.000 ptas.
FATIMA LUISA POSTIGO SASTRE3399104FACTURA 0431/946-4-1994129.025 ptas.
OLGA ESTEVES RODRIGUEZ11462261FACTURA 381/9316-3-1993611.310 ptas.
OLGA ESTEVES RODRIGUEZ11462261FACTURA 343/9312-2-1998 7.227 ptas.

3207