Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e centro seccionamento Estación Bombeo Beiramar.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 150 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. BAL 732 entre os CC.TT. Coia e Artística, rematando no centro de seccionamento que se proxecta en Estación Bombeo Beiramar, concello de Vigo. Centro de seccionamento con celas SF6.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 3 de marzo de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
2704