Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Luns, 13 de abril de 1998 Páx. 3.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 26 de febreiro de 1998, acordou:

Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de San Cibrao das Viñas, modificación da delimitación de sectores en solo apto para urbanizar.

Segundo. Darlle cumprimento ó disposto no artigo 48.2º e 3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo

de Galicia, publicando o acordo de aprobación definitiva no BOP e no DOG, e o texto íntegro da normativa no BOP e remitíndolle copia do expediente administrativo completo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Contra o acordo que se publica poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo) no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, logo de llo comunicar a esta Administración pública.

San Cibrao das Viñas, 27 de febreiro de 1998.

A alcaldesa

Rubricado

3099