Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Luns, 13 de abril de 1998 Páx. 3.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1998 pola que se anuncia a contratación das obras de dotación de servicios de saneamento e abastecemento de auga en Ameixeiral-Mondego.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP, anúnciase concurso polo procedemento aberto, para adxudica-las obras de dotación de servicios de saneamento e abastecemento de auga en Ameixeiral-Mondego, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato. É obxecto do contrato a execución das obras de dotación de servicios de saneamento e abastecemento de auga en Ameixeiral-Mondego.

2. Duración do contrato. Un mes.

3. Tipo de licitación. 5.331.015 ptas.

4. Pagamento. O pagamento do prezo de adxudicación farase con cargo á partida 441.56.60102 do vixente orzamento municipal.

5. Publicidade dos pregos. Estarán de manifesto tódolos días hábiles na secretaría do concello.

6. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares. Durante os oito primeiros días hábiles seguintes á publicación deste anuncio no BOP, suspendéndose a licitación no caso de impugnación.

7. Garantía provisional. O 2% do orzamento de licitación.

8. Garantía definitiva. O 4% do orzamento de adxudicación.

9. Presentación de proposicións. Durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no BOP.

10. Apertura de proposicións. Terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte á conclusión do prazo para a presentación de proposicións.

11. Modelo de proposción. É o recollido no anexo II do prego de condicións.

Sada, 17 de marzo de 1998.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde

2540