Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Luns, 13 de abril de 1998 Páx. 3.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (347/1997).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 18 de marzo de 1998, adoptou, entre outros, o seguinte, acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de compensación do sector 6 do SU-39 do PXOU de Ourense por instancia de Pedro Iglesias Campo, en representación de Promociones Río Cerves.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte á ultima publicación oficial deste anuncio, para que tódolas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 26 de marzo de 1998

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

2549