Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Luns, 13 de abril de 1998 Páx. 3.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se abre información pública para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución, e do proxecto sectorial das instalacións do parque eólico Fonte Toxoso. (Expediente 014-EOL).

Para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigo 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de aplicación tendo en conta o disposto na disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e 205/1995 polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude da empresa Desorrollos Eólicos, S.A., para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, que implicará a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, aprobación do proxecto de execución, e do proxecto sectorial do parque eólico Fonte Toxoso, coas seguintes características:

Peticionario: Desarrollos Eólicos, S.A., polígono Pocomaco, sector A-2, nave 6, 15190 A Coruña.

Situación: concellos de Abadín e Vilalba (Lugo).

Emprazamento (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.613.400, 4.806.900);

V(0.617.350, 4.805.400).

V(0.617.600, 4.805.750);

V(0.618.800, 4.806.750);

V(0.618.600, 4.807.400);

V(0.617.600, 4.806.700);

V(0.616.000, 4.807.500);

V(0.613.400, 4.807.600);

Afección a predios particulares:

1. As afeccións incluídas no anexo designadas como: aeroxerador, superficie de apoio e sistema colector, superficie ocupada implica a ocupación de pleno dominio dos terreos.

2. As afeccións incluídas como camiño, superficie ocupada e aeroxerador, voo, implican a servidume permanente de paso coas seguintes limitacións ó dominio:

a) Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares, así como plantar árbores e arbustos.

b) Prohibición de efectuar calquera tipo de obras ou efectuar ningún acto que puidera danar ou prexudica-lo bo funcionamento das instalacións.

c) Libre acceso do persoal e equipos necesarios para executar, manter, renovar ou repara-las instalacións.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións a el, no prazo de 30 días, nesta Delegación Provincial sita no edificio administrativo, Ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación do presente acordo ós titulares descoñecidos dos predios que se describen no anexo.

Lugo, 5 de marzo de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de execución do parque eólico Fonte Toxoso

PredioPropietarioAeroxeradorCamiñoS. Colec.

Pol.NomeDomicilioCultivoLugarConcelloSuperficie

apoio

VooSuperficie

ocupada

Superficie

ocupada

611Monte veciñal en man común de veciños da parroquia de Samarugo. Representante José López Rouco (presidente da xunta do monte veciñal de man común da parroquia de Samarugo)Lugar de Campomaior, s/n. Parroquia de Samarugo. Vilalba (Lugo)Monte e

monte baixo

ToxosoVilalba3.025 m31.400 m8.610 m1.290 m

3,711DescoñecidoDescoñecidoMonte e

monte baixo

ToxosoVilalba2.541 m26.376 m25.690 m7.375 m

6933331Concello de Abadín. Veciñal. Monte veciñal en man común de Castromaior. Representante Jesús Vizoso Coita (presidente da xunta do monte veciñal de man común da parroquia de Castromaior).Castromaior. Parroquia de Castromaior. Abadín (Lugo)Monte baixoToxosoAbadín1.452 m15.072 m14.980 m2.185 m

111Comunidade de veciños de Vilalba. Monte veciñal en man común de Corbelle. Representante:

Ladislao Fernández Ramudo (presidente da xunta do monte veciñal de man común da parroquia de Corbelle).

Lugar de Bouzas. Parroquia de Corbelle. Vilalba (Lugo)Monte baixoLicencias e

Toxoso

Vilalba242 m2.512 m3.780 m314 m

2668